#CLXQ+


Podería parecer polo título que acabo de premer aleatoriamente as teclas do pc, mais non é tal, en realidade o título deste post fai referencia a un novo parente na familia dos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña, neste caso parente directo do Clú da Biblioteca Infantil e Xuvenil. O Club de Lectura Xuvenil Quérote+ celebrarase na Biblioteca de Ágora a partir do 8 de Xaneiro e nace como un proxecto de colaboración cos centros Quérote+ – parte indispensable na escolla de títulos e preparación de sesións –  e dirixido a rapazada de 14 a 18 anos.

CARTAZ CLXQ+

Polo momento podedes ir consultando os títulos que foron seleccionados para o Club premendo sobra a imaxe do cartel aquí enriba. E para que esteades sobre aviso, aquí van unha serie de datas das que compre non se esquencer se estás interesadx en participar:

1 de Decembro: Comezo da inscripción a través dun formulario dixital neste mismo blog.

18 de Decembro: Sesión de presentación do Club na Biblioteca de Ágora ás 18:30. Ese día farase entrega do primeiro dos libros seleccionados para poder pasar un bo rato no Nadal desfrutando da narrativa de Banana Yoshimoto.

8 de Xaneiro: Primeira sesión do Club na que estaremos todxs para comenzar a abrir eses libros e deixar vivencias ceivas…

Próxima estación: 1 de Decembro, compañeirxs!

#CLXQ+

Posted on 19 Novembro, 2014, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar un comentario