Ouvirmos lanza unha colección de libros de cociña para nenos


Cociña infantil e familiar é o título da nova colección que acaba de lanzar Ouvirmos. O proxecto pretende favorecer o achegamento dos máis novos á arte culinaria e arrinca cun título dedicado a bocadillos e sandwiches e outros centrado nas sobremesas. Desde a editora, ata o de agora centrada na temática musical, adiantan que o proxecto continuará con oito novos títulos que abordarán os temas pasta e pizza, festas, arroz, peixes, chocolate e xeados, carnes, internacional e zumes e combinados. Cada un dos volume inclúe 20 receitas, elaboradas polos cociñeiros Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, da Escola de Hostelaría de Sober, e fotografadas por Tono Arias.

Animámoste a que te acerques ou consultes o catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña para descubrir os nosos libros adicados á cociña e poidamos cociñar xuntos

Fonte: Culturagalega

Posted on 15 Novembro, 2011, in A biblioteca recomenda, Novas, Obras and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar un comentario