Arquivo do blog

Os mellores da lingua

Da Escola de Maxia á maxia das palabras. Neste mes de maio, na Biblioteca Ágora, no espazo Os mellores de… volvemos, un ano mais, ás palabras da nosa lingua. Palabras escritas nos libros que aquí te presentamos, seleccionados para ti con intención de mostrarte a grandeza da nosa fala.

IMG_6332       MOSTRA_MELLORES 012  
Os mellores da lingua : Mostra bibliográfica na Biblitoeca Ágora

Unha mostra que tén como protagonista especial a Manuel María, un autor moi respetado, querido e admirado,  ao que, como xa sabes, dedícase este 2016 a celebración das Letras Galegas.

Do poeta chairego falounos Mercedes Queixas Zas na presentación do seu libro Labrego con algo de poeta na Biblioteca Ágora, coa entusiasta participación dos nosos clubles de lectura. Os seus versos chegáronnos profundamente, espallarónse pola biblioteca, e quedaron nos seus andeis.

MQ1     20160513_145558

Mercedes Queixas na presentación do seu libro na Biblioteca Ágora

Xunto a Manuel María queremos destacar a outros moitos autores da lingua. Autores da terra que falan de temas universais e sitúan a nosa literatura no lugar que merece no panorama nacional e internacional.  Os nosos clásicos: Risco,  Cunqueiro ou, por suposto Castelao e Rosalía. Outros escritores xa consagrados, como Mendez Ferrín, Manuel Rivas ou Suso de Toro. E tamén os mais novos:  Ledicia Costas, Héctor CajaravilleAndrea Maceiras... que se fan escoitar con forza, e cada vez van conseguindo mais e mais lectores.

Moitos deles (Berta Dávila, María Reimóndez, Pedro Feijoo… ) achegáronse a nós en diferentes ocasións para falarnos da súa experiencia literaria e transmitirnos a súa paixón pola escritura… e convencéronnos. Polo que din, polo que escriben e por como o escriben. E por iso queremos compartir contigo a súa escrita. E, se cabe, acompañarte neste apaixonante descubrimento da nosa literatura, da nosa cultura, con esta guía de lectura elaborada con moita ilusión.

Guía de lectura : Os mellores da lingua


PortadaGuia
Descarga aquí a guía en pdf

E se queres compartir con nós esta paixón pola nosa escrita podes pasar pola biblioteca e participar, un ano máis, no fotocol que desta volta se dedica con especial atención a Manuel María.  Porque #m8mepresta  #ManuelMaria

     IMG_5353   M8MEPRESTA 1581

Escola de maxia : Colección de ilusionismo na Biblioteca Ágora

Señores e señoras, damas e  cabaleiros, mesdames et messieurs… ante todos vostedes, unha nova e extraordinaria colección, que co nome de ESCOLA DE MAXIA , estará dende agora presente na Biblioteca Ágora.

Cartel1 copy

Con ela poderedes mergullarvos no mais asombroso espectáculo, protagonizado polos máis extraordinarios ilusionistas de tódolos tempos,  procedentes dos recunchos máis alonxados de cada un dos continentes: o fantástico Robertt Houdin,  pai da maxia moderna; o inquietante Dai Vernon; o increible Houdini, xenio do escapismo; René Lavand, Tamariz … e moitos máis.  Para homes e mulleres, grandes e pequenos, crédulos e desconfiados… para todos aqueles que teñan ilusión e imaxinación para deixarse sorprendes e soñar!

Cartel2 copy

Con esta colección, que foi posible grazas á colaboración coa Sociedade de Ilusionismo da Coruña, e que está constituida maioritariamente polos libros doados pola familia de  Carlos Mejuto Campos,  poderemos achegarnos  ós grandes segredos da maxia. Maxia para ver de cerca , para gozar en pequenos grupos  ou admirar en grandes escenarios. Con todo tipo de obxectos:  panos, cartas, moedas, cordas, pombas, coellos, bólas, argolas, cigarros… e en todas a súas manifestacións: mentalismo, hipnosis, escapismo…

MELLORES_MAXIA (4)

Carlos Mejuto, por Siro

MELLORES_MAXIA (7)

Xa sabes. Si algún día queres  chegar a estar do outro lado do escenario , non o penses  mais e ven a Biblioteca Ágora para levarte os libros en préstamo ou consultarlos en sala. Te esperamos!!

 

As mellores sagas na Biblioteca Ágora

Gústanche as historias longas que parecen non ter fin? Eres d@s que se conectan ás redes e foros para saber que día se publica a última entrega da túa serie favorita? Apasiónante as historias ambientadas en mundos estraños? Prefires as novelas nas que os protagonistas se rebelan contra gobernos opresores? O teu son as historias de amor románticas?…

Guía de lectura : As mellores sagas

Descarga aquí a gúia en Castelán ou Galego

A Biblioteca Ágora, no espazo Os mellores de…  ofréceche, esta guía de lectura  na que destacamos algunhas sagas literarias que che poden interesar. De todos os tempos, para todos os gustos e para todas as idades

Magos, elfos, ananos, aventuras en mundos poboados por critaturas fantásticas, heroes e deuses do Olimpo, familias enforntadas polo trono, a loita pola suvpervivencia convertida en espectáculo televisivo, cazadores de sombras, visións dun futuro pouco tranquilzador, misterios da Antiga Roma, historias de amor imposible…

Mural sagas 1Mural sagas 2

Todo isto podes encontralo, para gozar sen présas, tomo tras tomo, nas Mellores Sagas que a Biblioteca Ágora selecciona para ti

IMG_1529Non esperes mais e acude á biblioteca para levalas en préstamo!

Guía de lectura: Os mellores do humor

Moitas veces minusvalorado pola crítica especializada, o xénero humorístico estivo sempre presente na literatura: dende a Antigüidade (Aristófanes, Petronio…) ata a actualidade (Thom Sarpe, Darío Fo, Cunqueiro…) grandes autores de todos os tempos fixeron do humor un un compoñente básico das súas obras (Cervantes, Quevedo…)

Humor absurdo, satírico, negro… o humor axúdanos a entendernos a nós mesmos, a comprender mellor o mundo, e a intentar cambialo. Algo moi poderoso ten o humor que poucas veces gusta aos que mandan!!

18270258754_b039e4f9a6_m

18705106428_9b57c86024_m

 

 

 

 

 

Por iso, se o que queres é pasar un bo rato, só tes que pasarte pola Biblioteca Ágora para atopar os Mellores do humor e levar os libros a un deses marabillosos sitios os que irás este verán. E, si non podes esperar a vir a biblioteca podes ir abrindo boca coa nosa guía de lectura

Guía de lectura 

 

 

E, recorda!! O humor  prevén os infartos, rexuvenece a pel, reduce o insomnio, alivia a depresión, suaviza o estrés, combate medos e fobias, potencia a creatividade, facilita a comunicación, reforza a autoestima…

Para ver outras Guias de lectura de Os Mellores, pincha aquí

Vidas exemplares… ou non! : As mellores biografías

Dende diferentes ámbitos, e por diferentes motivos, moitos homes e mulleres deixaron a súa profunda pegada na historia . Homes e mulleres que viviron para a música, a  ciencia, as artes, a literatura, que loitaron por defender os dereitos universais, se sublevaron, ou que dende o poder determinaron, para ben ou para mal, a vida de moitas persoas. Dende a Biblioteca Municipal Ágora ofrecémosvos unha selección de biografías, memorias, cómics, ensaios, películas, novelas… baseadas nestas persoas.

CheHighabraham-lincoln

aguacurie

aguajanis

S1 marilynagua

Conscientes de que moitos outros poderían estar aquí representados, pedímosvos a vosa colaboración para valorar os materias seleccionados e recomendar outros que  que botedes en falta

Guía de lectura As mellores biografías

Documento2

Descarga aquí a guía  GalegoCastelán

Aqui tedes a guía de lectura de As mellores biografías para que podades consultar os materiais que seleccionamos para vós.