Arquivo do blog

Luis Pousa visita el Club de la Sagrada Familia

Por Fátima Elías 

LUNES , 30 DE ENERO

10:30 H

Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Más información :  981184392

luis-pousa

Luis Pousa, Jefe de Opinión de la Voz de Galicia

 

Luis Pousa regresa de comprobar que no queda rastro de los Plumachos de la Pampa en las lindes de la Iglesia de San Francisco. Con su flequillo desordenado y su aire de distracción permanente, me cuenta que de eso trata su Crónica Coruñesa semanal. Antes de seguir con las obligaciones de la cotidianía tenemos tiempo de tomar una cerveciña, porque como Pousa se expresa en las distancias cortas con el embrujo del diminutivo patrio y  esa modulación tan dulce, sé que con él no se pimpla cerveza; gustosamente se bebe cerveciña, cafeciño o aceitiño de ricino.

Pousa es lucense pero se crió en la ciudad en Coruña. Se pasó la infancia leyendo cómics y para él sigue siendo un género vital. Se define como un hijo de Bruguera, así que compartió sofá con Carpanta, Rompetechos, Mortadelo y Sir Tim O´Theo . Además se pirraba por Asterix, Mafalda, Don Miki y Spirou. Se inició en la novela con el pícaro Huckleberry Finn y fue aprendiz de pirata en la Isla del Tesoro , pero también recuerda con gran cariño a Tolkien y a Ende.   Matemático de titulación,  empezó a afilar sus dientes como periodista en 1996. No le ha ido mal; recibió el premio de Xornalismo Fernández del Riego.

Veinte años de profesión le han valido para escribir en ese ejercicio de contención que son sus artículos  : lejos del columnista que vomita palabras engreídas para lectores finolis, Pousa, en sus artículos, crónicas y reseñas escribe para todos. En su aparente sencillez y con gran sentido del humor, desgrana verdades que son como bofetadas en las que ni falta cara ni sobra mano.

Con o sin cerveza , Pousa es encantador e ingenioso, y se expresa despacio, en tonos suaves, los de alguien que está acostumbrado a contar historias de la vida y las personas.  Luis habla en forma de relatos orales, enlazando actualidad y memoria . Y se calla para escuchar con atención.  Resulta magnético.  A veces, cuando conversa,  sus ojos claros miran algo en el horizonte y  no sé si, como yo, el resto del mundo se pregunta si está volviendo al origen del mundo, rumiando el teorema de Fermat o pariendo otro poema.

Porque desde que leyó  a Bukowski y  su “Dinosauria, We”  Pousa, además de los artículos, la novela y los cuentos, encontró otro medio para explicarse. Y cómo escribe poesía Luis Pousa:

“Aférrase un a literatura

Porque non pode aferrarse a outra cousa,

Como di Kafka.

Escríbese por necesidade, por urxencia, por desexo.

Escríbese en celo, como dixo alguén.

Un cadáver que redacta a súa obra póstuma,

Un esqueleto que fai renxer as súas articulacións

Ao teclear estas páxinas masturbatorias, terminais”.

 

Por todo esto y más , no deberíais perderos el lunes 30 el encuentro matinal con este autor que, como Carol Joyce Oates toca todos los palos y que como ella, todo lo hace bien.

 

Bibliografía:

O embigo do mar (2008)

La noche de las palabras (2009) – Premio literario Fernando Arenas

Breviario del bus (2013)

El libro del voyeur (2010) – Obra colectiva-

España Negra (2013) – Obra colectiva-

Escrito en el agua (2015) – Obra colectiva-

                                                                                                                               Fátima Elías B.

 

 

“O último día de Terranova”, encontro de Manuel Rivas cos seus lectores.

O pasado martes 22 de marzo, Manuel Rivas achegouse a biblioteca Monte Alto para manter un encontro cos clubes de lectura das bibliotecas municipais. A escusa era falar sobre o seu último libro,  O último día de Terranova, pero, como adoita acontecer con Manuel Rivas, a charla levounos por camiños insospeitados, inesperados e pracenteiros. Begoña Varela, coordinadora de dous dos nosos clubes e impulsora deste encontro, envíanos esta reseña coas súas impresións.

Case unha década despois da publicación de “Os libros arden mal“, chega ás nosas mans “O último día de Terranova” e, moi vencellado a esta obra, o poemario “A boca da terra“. Por esa boca (a boca da terra, a boca da literatura) falan estes tres libros que recollen, a través dos seus protagonistas, boa parte da nosa historia contada ao máis puro estilo Rivas. Con pinceladas de realismo máxico, Rivas crea un universo propio baixo a luz de O Faro, como fixera Cunqueiro coa Terra de Miranda.

Si en “Os libros arden mal” o tema principal era a morte, a queima da palabra impresa e a loita por salvar os libros, en “Os últimos días de Terranova” o autor pon en valor a supervivenza das librarías como arma para loitar contra a incultura, e a figura dos libreiros como guardiáns da liberdade e da dignidade humana.

O noso clube xa lera “Os libros arden mal“, e agora disfrutamos coas páxinas deste novo libro, da man de Amaro e Vicenzo Fontana, do tío Eliseo, de Garúa, Comba, Expectación e un feixe de persoaxes entrañables; todos eles náufragos sociais cargados de sabiduría que observan o mundo a través dunha cámara estenopéica e transmiten ao lector un xeito de ver a vida coa que moitos nos identificamos.

Para explicar a súa obra e resolver as nosas dúbidas, contamos na biblioteca de Monte Alto coa presenza de Manuel Rivas quen, acompañado por Lola Porto, de librería Lume (unha das libreiras ás que vai adicado o libro) e rodeado dos seus lectores de todas as Bibliotecas Municipais, fíxonos partícipes dunha animada conversa. Falou o autor de queridos libreiros e libreiras galegos, da estructura da obra (e da vida) en círculos concéntricos, de seres “sentipensantes” e, sobre todo, do valor da palabra.

Librarías que teñen que pechar; especuladores da terra e das almas; libros vendidos, roubados ou prestados que viaxan ocultos en maletas; idealistas que nunca perderon a ilusión; títulos e editoriais inesquecibles que forman parte da paisaxe das nosas vidas. Todo isto encerran as páxinas de “O último día de Terranova“.

Deixámosvos un vídeo da lectura de Manuel Rivas dun dos seus poemas e algunhas das fotografías sacadas durante a tarde.

This slideshow requires JavaScript.

O máis prestado na Biblioteca Os Rosales no 2015: literatura, cine e cómic

Outra historia do cinema na Biblioteca Forum

Ao longo do mes de outubro a Biblioteca do Forum Metropolitano celebra o cinema na súa diversidade, o seu glorioso pasado e o seu presente igualmente luminoso.

 

Outra Historia do Cinema

 

 

  • Mostra Bibliográfica: OUTRA HISTORIA DO CINEMA

Do 1 ao 31 de Outubro

A historia do cinema, tal e como nola contaron sempre, tende a ser lineal, masculino e occidental. A cada etapa sucédelle outra, coma se fosen chanzos dunha escaleira de sentido único; non parece haber máis cine que o americano e europeo de tramas claramente novelescas, con algún toque exótico oriental; e os directores, guionistas e produtores adoitan ser homes (por suposto brancos). Pero a verdadeira historia é outra: está inzada de mulleres que crearon obras indispensables, ábrese dende a súa mesma orixe a formas non narrativas e ramifícase por todo o planeta para alimentarse de culturas, linguas, paisaxes e maneiras de entender o mundo moi diferentes. O cine é un e moitos á vez.

Na Biblioteca do Forum Metropolitano preparamos unha mostra bibliográfica con materiais diversos, que podes consultar na seguinte wiki: Outra Historia do Cinema

  • Visita guiada de Martin Pawley: Paseo das estrelas

7 de Outubro ás 19:00 h.

Visita guiada de Martin Pawley (Programador, crítico e productor de cine).

A Biblioteca converténse durante o mes de outubro nun auténtico “paseo das estrelas” ao máis puro estilo hollywodiense, onde as protagonistas son Elas (directoras, guionistas, actrices …) as mulleres máis destacadas no mundo do cine ao longo da historia.

  • Mesa Redonda: 

Cartel Mesa Redonda

A historia do cinema sempre tende a ser lineal, masculino e occidental, pero a verdadeira historia é outra. Participa con nós e coñece outra historia do cinema:

21 de outubro ás 19:00 h.

Participantes:

Martin Pawley (Programador, crítico e produtor de cine)

José Manuel Sande (Programador do CGAI, crítico e historiador de cine, guionista e produtor de ARRAIANOS)

Xabier P. Docampo (Escritor e cinéfilo)

Uxía Villarino (Profesora e cinéfila)

 

TO THE WONDER https://clublecturacoruna.files.wordpress.com/2014/10/bf483-tothewonderdeterencemalick.jpg, de Terrence Malik.

* Festival de Venecia 2012: Premio SIGNIS.

Formato: 35 mm

02, 03 e 04 de outubro

Neil deixou Estados Unidos buscando unha vida mellor, deixando atrás unha serie de feitos dolorosos. Mirando a Mariña aos ollos, Neil está seguro de que atopou á muller que pode amar con dedicación. Pero cando anos máis tarde, unha serie de circunstancias persoais e profesionais rachan a súa relación, outra muller aparece na vida de Neil, con igual ou mesmo maior forza: Jane. Logrará este home manterse fiel á súa promesa inicial ou aproveitará para cambiar a súa vida cara ao futuro que sempre anhelou?

UN CHÂTEAU EN ITALIEhttps://i0.wp.com/www.gamekyo.com/images_1/0bf6c1aee94cbbc5a0900d866e4a35da20131029200441.jpg, de Valeria Bruni Tedeschi

Formato: DVD

09, 10 e 11 de outubro

É a familia de Louise. Pero, cando ela coñece a Nathan, os seus soños de felicidade rexorden.
É tamén a historia do seu irmán enfermo e o destino dunha familia italiana, obrigada a desfacerse do seu patrimonio e parte dos seus recordos. Un mundo que acaba e un amor que dá comezo.

 

https://i2.wp.com/septimovicio.com/portadas/lessalaudsposter.jpgLES SALAUDS, de Claire Denis 

Formato: 35 mm

16, 17 e 18 de outubro

O seu cuñado acaba de suicidarse, a fábrica familiar está ao bordo da quebra e a súa sobriña está ingresada nun hospital psiquiátrico. Sandra acusa a Edouard Laporte de ser o responsable de todos os seus males. Decidido a vingar o dano que causou á súa familia, Marco se muda ao mesmo edificio onde vive a amante de Laporte. Pero Marco non contaba cos segredos que a súa irmá non lle desvelou.

 

https://i1.wp.com/pics.filmaffinity.com/La_imagen_perdida-969340884-large.jpgL’IMAGE MANQUANTE, de Rithy Panh

* Festival de Cannes 2013: Mellor película

Formato: 35 mm

23, 24 e 25 de outubro

Os cidadáns foron enviados a campos de traballo e coa clara intención de eliminar as divisións de clase, todos os efectos persoais foron confiscados e os individuos substituídos por números. As torturas e execucións convertéronse en moeda de cambio á menor infracción.

Nun audaz salto imaxinativo, a historia é representada mediante figuras de arxila superpuestas na narración.

 

  • Mapamundi con referencias a cineastas: Cineastas do mundo

World Cinema

A través dun Mapamundi o “espectador” poderá ver e ser partícipe da diversidade fílmica existente ao longo dos 5 continentes. A modo de panel interactivo será o “espectador” quen descubra, coa axuda dunhas pequenas pinceladas biográficas, a identidade nacional dos cineastas.

 

  • Caixa dos desexos

 Farémonos eco dos teus desexos máis cinéfilos. Poderasnos deixar por escrito as suxerencias de todos aqueles filmes que che gustaría ver ou que tivésemos na biblioteca.

 Caixa desexos

 

  • “3 Minutos: Taller de edición de curtametraxes”

3 minutos Cando: 13, 20 e 27 de outubro, ás 19.00h

Público: de 12 a 16 anos

Inscrición (15 prazas) : do 29 de setembro ao 10 de outubro, na biblioteca, no teléfono 981 184 298 ou enviando un mail a bforum@coruna.es.

Rodaranse curtas suxeridas a partir de personaxes literarias adaptando así os seus aspectos característicos á biblioteca. Usaranse diversas técnicas ademais da imaxe real: debuxo, Stop Motion…

Os nenos aprenderán todo o proceso de montaxe e edición de vídeo, os procesos de efectos sonoros e voces así como a gravación de música. Ao finalizar cada participante terá a súa copia en formato dixital.

 

LIBERTAD. Jonathan Franzen

Hai novelas que funcionan como un puzzle pero non chegamos a sabelo até que todo por fin encaixa. Primeiro reunimos un conxunto de pezas que non saberemos até moito despois para qué nos servirán e tratamos de buscarlles unha conexión e mentres a historia se desevolve, as arestras van puíndose, os lados atopándose e encaixando as fendas entre si.

En LIBERTAD, do norteamericano Jonathan Franzen (Chicago, 1959), cada unha das pezas que se nos ofrecen ten un nome propio, unhas características físicas, unha historia pasada e un desenvolvemento individual e tanxencial co dos demais. Así vai armándose a estrutura da historia e vai rolando a acción.

O que comeza nun barrio residencial de clase media da periferia dunha cidade norteamericana típica e remata (isto non é un spoiler) no mesmo punto dun idéntico barrio noutra cidade semellante e, apostando por unha estrutura circular, é a historia dos Berglund, unha familia normal, americanos de clase acomodada de ascendencia europea e de ideas progresistas.

De cada un dos Berglund iremos coñecéndoo todo, as súas orixes, a infancia, os recordos, os remorsos e cómo os límites dos seus respectivos mundos entran en conflito cos mundos dos demais, creando os alicerces desta historia.

A liberdade á que se refire o título escollido por Franzen é non tanto a liberdade soñada como a posible, a que nos pode permitir o conxunto de liberdades dos demais, e vai sendo desafiada polo desenvolvemento de cada un dos personaxes que flutúan polas páxinas da novela.

Walter e Patty Berglund son un matrimonio maduro, típica estampa do soño americano estándar, unha boa vivenda, bo traballo do cabeza de familia, unha discreta e pulcra nai ama de casa, fillos educados en colexios estupendos e moitas historias –persoais- que ocultar que foron as que permitiron a cada un deles chegar a ese punto das súas vidas.

Richard, amigo de Walter dos tempos da universidade e obxecto de curiosidade e desexo por parte de Patty é o terceiro lado do triángulo que descompensará a perfección do matrimonio xa aborrecido, demasiado políticamente correcto e é tamén o punto en que esperta o primeira concepción da liberdade: a de escoller.

Con repentinas referencias a Guerra e Paz, o triángulo formado por Walter, Patty e Richard, suporá un epicentro da acción e o protagonismo irá dun a outro como eixo central, entramándose a evolución de cada un e os seus puntos de vista ao longo do tempo, mentres a través de argucias narrativas como flash backs, recordos, memorias e até unha autobiografía da propia Patty, chegamos a ver cómo a liberdade dirixe os nosos soños pero tamén nos afasta deles.

E xunto con eles tres, os fillos dos Berglund, as súas parellas, a compañeira de traballo de Walter, os pais e nais de cada un deles, todos os personaxes que conformaron aos protagonistas e os foron puíndo até facelos como son, van entrelazándose nesta historia de ecoloxismo, política, valores post 11-S, republicanos e neocons, pais e fillos e que non deixa de ser un reflexo de nós mesmos, de cómo a liberdade nos levou a elexir entre varias opcións e, mesmo estando conformes coa escollida, nunca deixaremos de pensar nas que quedaron sen escoller…

http://es.wikipedia.org/wiki/Jonathan_Franzen

 

Premio Primavera de Novela

O escritor catalán Use Lahoz (Barcelona, 1976) obtivo hoxe o premio Primavera de novela coa obra  ” El año en que me enamoré de todas”.  O xurado, presidido por Ana María Matute di que é unha novela orixinal e brillante dotada dun estilo personal. Nos esperamos a que chegue pronto as nosas bibliotecas.

“Me apetecía mucho escribir una novela que fuese una fiesta, vital y optimista. Quería recuperar mi memoria, me lo debía a mí, y se lo debía a mi generación”

“En literatura, lo más difícil es siempre hacer lo fácil”

Nas bibliotecas podedes atopar do mesmo autor:

  • Los Baldrich
  • La estación perdida. (premio Ojo Crítico de narrativa 2012)
  • Volverán a por mi.

YA NO PISA LA TIERRA TU REY

Moitas veces reflexionamos sobre o sentido que ten un clube de lectura, xente de plurais procedencias e gustos, niveis culturais e aspiracións, que nos xuntamos apretadamente arredor do mesmo título, imposto por non sei qué criterio. Sabemos de antemán que non chegaremos a uniformidades, a conclusións, que despois de dúas horas os temas derivarán cara aos nosos aspectos persoais, que se perderá o espírito primeiro, que pesará máis o non que o si e que ás veces o libro quedará a medias como un bocado esquecido.

Pero logo, pese ao si e o non, resta o descubrimento, e dámoslle resposta ao para qué. Para descubrir.

Principalmente estamos nun clube deste estilo para sair da casa, para ler, para xuntármonos, para coñecer xente, para isto ou para aquilo, pero o que nos une, por riba das calidades e das cualidades lectoras é o descubrimento.

Penso que eu me apuntaría a un clube de lectura porque alongaría os meus brazos para poder chegar aos andeis aos que por min mesma nunca chegaría, que daría atopado libros, autoras e autores, textos e capas que eu soa non, nunca. Que o marketing deslúmbranos até cegarnos, que moitas veces non podemos pasar máis aló dos andeis publicitarios, que funcionan como barricadas de best-sellers que non nos deixan ir máis alá. E entón chega, o descubrimento. Alguén de quen nunca temos escoitado falar, e os nosos reparos, a anti-intrepidez.

No caso de Cristina Sánchez-Andrade (Compostela, 1968) era o absoluto descoñecemento, ninguén, ningún de nós a escoitara nunca. Achegámonos a ela por sabela da casa –ese apelido- e polo fantástico título YA NO PISA LA TIERRA TU REY. O resultado: descolocados totalmente polo achádego non podemos entender que non se lle dea o coñecemento suficiente a esta autora que bebe do realismo máxico de raíces cunqueirianas pero tamén influída polo vido de alénmar.

A novela, máis un conto que se alonga até declinar e esluirse, ten unha estrutura complexa e incerta formalmente que atenta contra as bases estándar do relato.

Narradores plurais, personaxes crípticos e múltiples, monxas que actúan como un corifeo, ausencia de espazo e tempo, chiscadelas a coordenadas galegas, unha linguaxe sinestésica e cargada de acertados galeguismos que nos van atrapando pouco a pouco.

A forma vai collendo altura sobre o contido para abranguer moitos elementos estilísticos nunha trama simple: un pazo e un convento, un marqués, unha abadesa e unhas novicias –vinte ou máis- que actúan e falan e doen como unha soa. Un matrimonio concertado cunha misteriosa dama para evitar que o galo asalte as galiñas choutando por riba das tapias. As alegorías, a soidade grupal, a perda da liberdade, a perda da identidade esluida no interior dun grupo, a interdependencia…

O relato vai despuntando cara a todos os puntos cardinais, pero non conclúe en ningunha parte, bríndanos pasaxes excelentes, e unha técnica impecable para destacar a retórica. Onomatopeias galeguizadas, sinestesia da máis pura, descripcións animalizadas que perfilan personaxes incriblemente estraños pero próximos ao lector, brillantez e frescura máximas nesta historia de lealdades e traizóns, de espazos pechados e liberdades, de rostros agochados e olladas múltiples, de monxas, abadesas, marqueses e lacaios, novicias lavandeiras, negras, grandes, pequenas e contestatarias que, as veces, semella que non leva ao lector cara a ningures, pero coa convicción de que percorrer ese camiño, só polo feito de ver o que acontece e como se vai contando, paga a pena.

 

 

O quimérico inquilino

 

Debuxante coñecido máis que escritor, membro do grupo Pánico, xunto con Jodorowski e Fernando Arrabal, Roland Topor (París, 1938) achéganos unha historia terriblemente próxima a nós pola súa localización e ao mesmo tempo íntima de seu polo seu escurantismo, o seu obsesivo traballo de caricaturización, o seu finísimo humor negro.

Topor o debuxante, o pintor, tíñanos afeitos ao canibalismo das súas imaxes (La cocina caníbal, textos e debuxos con prólogo de Arrabal, moi recomendado para os pouco escrupulosos), aos seus brancoenegros luxados e puros ao mesmo tempo, ao home hipersexual e cruel devorándose a si mesmo como xeito de atravesar a sociedade que o atrapa. E aquí debúxanos cunha prosa áxil e simple, as máis das veces, a Trelkovski, un home normal, nunha situación vital normal como é buscar un sitio no que vivir, integrarse definitivamente nunha comunidade.

 

O aparentemente tranquilo Trelkovski, anódino oficinista que non se enfronta a ninguén, non sabe a sorte que ten cando atopa un pisiño agradable nun bo barrio do centro. Segundo a porteira e os veciños o piso non ten problemas, é cómodo, pequeno, doado, aínda que hai un furado na solaina xa que a anterior inquilina dicidiu tirarse pola ventá.

 

Nunca ficción lenta e pouco cargada de detalles superficiais, o debuxante debúxanos, perfílanos exactamente a historia do inquilino Trelkovski e, a través dos seus ollos, vamos achegándonos a unha comunidade aparentemente perversa, maliciosa e terrible que foi borrando as pegadas da anterior inquila, Simone Choule, tras dun máis que sospeitoso accidente. O ruido apoucado, os pasos afogados, o medo ao sobresalto, son puntos de unión do lector co protagonista, que trata de pasar desapercibido entre os veciños ceñudos e sempre ao axexo, mentres trata de rescatar a memoria de Simone Choule, primeiro con curiosidade, despois cunha morbosa busca de calquera referencia que lle permita saber quen era ela e como chegou a desaparecer.

 

A medida que se vai abrindo a novela, vaise facendo sorprendentemente estraña e metafórica, chea de simboloxías dignas de estudo (pechaduras e regandixas, dentes arrincados, sons e voces). Todo vai presentíndose na medida en que o inquilino, o cándido home correcto se vai retorcendo sobre si mesmo, volvéndose contra a súa propia cordura, sentíndose vítima dun ambiente perturbador. Metamorfoseado e delirante, o surrealismo do propio Topor rechea os ocos dentro da nosa cabeza, como nun guión de cine ( a propósito, Polanski levou esta novela ao cine, e con moito acerto), como nunha novela gráfica.

 

O medo como sentimento que adultera todos os demais, que modifica todas as sucesións das nosas vidas. E medo da que tras do pesadelo que é buscar o piso axeitado para formar un fogar, o peor aínda está por chegar porque, sabes ben quen durme ao outro lado das túas paredes?, quen frega a túa escaleira? Quen vixila os teus pasos, as túas saídas, o teu buzón…?

 

 

 
 

http://es.wikipedia.org/wiki/Roland_Topor

De novelas que entienden

Tal y como fuimos demostrando estos días, los fondos de nuestras bibliotecas son el reflejo del ir y venir de nuestra sociedad, de sus avances, miedos y logros. En esta recta final del mes dedicado a la temática LGTB, no queremos dejar de descubriros o, para los más avispados, recordaros, algunas de las joyas en las que el tema de la homosexualidad se trata de forma directa o veladamente.

La cometa rota / Paula Fox

Así, el Premio Hans Christian Andersen de Literatura Infantil y Juvenil, Paula Fox, nos va adentrando en un campo de sentimientos en el que el amor y el odio se entremezclan en el mundo de un adolescente para dar cabida a la aceptación de la homosexualidad de su padre, al que le acaban de diagnosticar SIDA. El temor por lo desconocido va transformándose poco a poco en respeto por lo diferente, y las mentiras dejan paso a la libertad, a la eliminación de los prejuicios. La cometa rota aborda de forma abierta el tema del SIDA, su estigmatización social durante los primeros años de los ’80 y el impacto de la enfermedad entre la comunidad homosexual, pero desde el prisma de un adolescente de 14 años y con un lenguaje directo, sin concesiones.

Al otro lado del espejo / Jordi Sierra i Fabra

Con Al otro lado del espejo seguimos en el mundo adolescente decubierto por   Jordi Sierra i Fabra, en el que podemos encontrarnos también a Marisa, que con sus dieciséis años está llena de preguntas sin respuesta, de miedos e inquietudes respecto a sí misma, su cuerpo y sus sentimientos. Aún no sabe lo que es el amor y, sobre todo, a quién dárselo. Una y otra vez pide respuestas a esa desconocida que es su imagen en el espejo, hasta que decide dar el paso al otro lado gracias a su mejor amiga, al chico que le abre las puertas de un nuevo mundo, sus padres y su hermana.

meu querido padre ramon

 Para aquéllos a los que les guste aderezar las historias con una pizca de humor podrán acompañar a Moncho Borrajo en Meu querido Padre Ramón, recién salido del seminario, con la juventud, la sotana y la belleza inmaculada de los que desconocen el pecado. Hay un demonio especialmente dedicado a los seminaristas guapos, que cuando logran atrapar a uno lo celebran en el infierno con una orgía de carnaval.

La insensata geometria del amor

Y para los romanticones que prefieren soñar, la escritora y psicóloga Susana Guzner nos invita a viajar con María y Eva a través de La insensata geometría del amor. Ésta es una apasionante historia de amor entre dos mujeres, retratada de manera sutil y jalonada de escenas memorables. A través de sus protagonistas, Guzner nos muestra las primeras luces de la seducción y los claroscuros de una pasión desbordante, plena de sensualidad, dudas, ironía, desencuentros y complicidad.

De la misma autora, también podemos disfrutar de Relatos, ideales para evadirse en esos pequeños momentos perdidos del día a día.

 Y aquí os acabamos de dejar ver una pequeña muestra de todo con lo que podréis abrir boca en nuestras Bibliotecas Municipales.

Delirio de David Grossman

Delirio de David Grossman

O DELIRIO defínese, desde o punto de vista da psicoloxía, como unha idea firmemente sostida mais con fundamentos lóxicos non axeitados. Delirio é para Shaul, o protagonista desta novela, a historia que comeza na súa cabeza cada día, cando a súa muller sae cargada coa bolsa de deporte e chega unha hora máis tarde, co pelo mollado, cun sorriso na cara e aspecto relaxado.

O que semella unha inocente rotina de piscina e exercicios, para Shaul significa, a todas luces, o engano, a traizón, unha espiral de ciumes e sentimentos que debe manter pechados na súa cabeza para non destruir o mundo idealizado que, agás por esa hora diaria, semella circular arredor da normalidade dun matrimonio de anos.

Os ciumes impulsan a Shaul a recrear mentalmente todos os pormenores da vida paralela de Elisheva e o seu amante, a quen xa lles outorgou unhas rotinas minuciosas, case rituais, que el visualiza para aumentar un dano co que parece disfrutar.

Mais a traizón está, a falla de ser probada, na mente de Shaul, quen recorre á súa cuñada Esti para que o acompañe nunha viaxe da que nada sabe, con destino ao lugar onde Elisheva adoita atoparse consigo mesma durante uns breves días, todos os anos.

Alí pensa que se reúne co seu amante, Paul, un inmigrante ruso que acadou a ver unha vez na súa cociña, nunha escea que é difícil saber se forma parte do mundo fantástico dos ciumes ou se cadra foi real, sendo a pedra angular de todo o tecido despois.

Esti e Shaul diríxense cara a unha meta que aínda está por descubrir. Durante parte da tarde e da noite o delirio vai sendo narrado e traducido a sentimentos de impotencia, de raiba contida, e involucran a Esti cos seus propios sentimentos que recuperan do pasado historias que xa estaba esquecidas.

Dous seres que non se comprendían nun principio e que se reúnen por un impulso e unha necesidade, vense confesando os seus pesadelos e remorsos, trazando e borrando fronteiras entre terreos que pertencen ao inventado e ao definido.

A historia non está en concretar as culpabilidades nin chegar á meta nin descubrir o engano, está na necesidade dun home, Shaul, de enfrontarse a si mesmo e as súas carencias e medos a través de formar un inimigo, un antagonista…ou, se cadra, un alter ego?

DAVID GROSSMAN (Xerusalén, 1954) é sobre todo coñecido por ser, xunto con Amos Oz, o escritor máis prestixioso do seu país, polo seu compromiso co entendemento entre israelíes e palestinos e por perder un fillo nese interminable conflito.

Libros Traducidos ao español:

Novela

  • La memoria de la piel. Seix Barral, “Biblioteca Formentor”. Barcelona, octubre de 2007.
  • Tu serás mi cuchillo. Seix Barral, “Biblioteca Formentor”. Barcelona
  • Llévame contigo. Seix Barral, “Biblioteca Formentor”. Barcelona, 2002.
  • El libro de la gramática interna. Tusquets Editores, col. “Andanzas”. Barcelona, 2001.
  • El Chico Zigzag. Tusquets Editores, col. “Andanzas”. Barcelona, 1998.
  • La sonrisa del cordero. Tusquets Editores, col. “Andanzas”. Barcelona, 1995.
  • Véase: Amor. Tusquets Editores, col. “Andanzas”. Barcelona, 1993.

Ensaio

  • La miel del león. El mito de Sansón. Ed. Salamandra. Barcelona, marzo de 2007.
  • La muerte como forma de vida. Seix Barral, Col. “Los tres Mundos”. Barcelona, 2003.
  • Presencias Ausentes. Tusquets Editores, Ensayo. Barcelona, 1994.

Fixéronse dúas películas baseadas nas súas novelas:

  • La sonrisa del cordero.
  • Alguien con quien correr.