Arquivo do blog

Os mellores da lingua

Da Escola de Maxia á maxia das palabras. Neste mes de maio, na Biblioteca Ágora, no espazo Os mellores de… volvemos, un ano mais, ás palabras da nosa lingua. Palabras escritas nos libros que aquí te presentamos, seleccionados para ti con intención de mostrarte a grandeza da nosa fala.

IMG_6332       MOSTRA_MELLORES 012  
Os mellores da lingua : Mostra bibliográfica na Biblitoeca Ágora

Unha mostra que tén como protagonista especial a Manuel María, un autor moi respetado, querido e admirado,  ao que, como xa sabes, dedícase este 2016 a celebración das Letras Galegas.

Do poeta chairego falounos Mercedes Queixas Zas na presentación do seu libro Labrego con algo de poeta na Biblioteca Ágora, coa entusiasta participación dos nosos clubles de lectura. Os seus versos chegáronnos profundamente, espallarónse pola biblioteca, e quedaron nos seus andeis.

MQ1     20160513_145558

Mercedes Queixas na presentación do seu libro na Biblioteca Ágora

Xunto a Manuel María queremos destacar a outros moitos autores da lingua. Autores da terra que falan de temas universais e sitúan a nosa literatura no lugar que merece no panorama nacional e internacional.  Os nosos clásicos: Risco,  Cunqueiro ou, por suposto Castelao e Rosalía. Outros escritores xa consagrados, como Mendez Ferrín, Manuel Rivas ou Suso de Toro. E tamén os mais novos:  Ledicia Costas, Héctor CajaravilleAndrea Maceiras... que se fan escoitar con forza, e cada vez van conseguindo mais e mais lectores.

Moitos deles (Berta Dávila, María Reimóndez, Pedro Feijoo… ) achegáronse a nós en diferentes ocasións para falarnos da súa experiencia literaria e transmitirnos a súa paixón pola escritura… e convencéronnos. Polo que din, polo que escriben e por como o escriben. E por iso queremos compartir contigo a súa escrita. E, se cabe, acompañarte neste apaixonante descubrimento da nosa literatura, da nosa cultura, con esta guía de lectura elaborada con moita ilusión.

Guía de lectura : Os mellores da lingua


PortadaGuia
Descarga aquí a guía en pdf

E se queres compartir con nós esta paixón pola nosa escrita podes pasar pola biblioteca e participar, un ano máis, no fotocol que desta volta se dedica con especial atención a Manuel María.  Porque #m8mepresta  #ManuelMaria

     IMG_5353   M8MEPRESTA 1581

IlustrArte na Biblioteca Forum

Cartel IlustrArte_sen actividades-001

A Real Academia de Belas Artes, vén de declarar o 1 de abril o Día das Artes Galegas, este ano adicado a Castelao. Porén quixemos rendirlle unha pequena homenaxe ó máis célebre dos nosos ilustradores cunha mostra adicada aos ilustradores galegos, na que atoparedes unha pequena selección do traballo de moitos destes artistas.

E é que xa o dicía Manel Cráneo:

“Dedicarse á ilustración en calquera dos seus afluentes foi sempre unha opción ligada á incomunicación debido ao illamento que supón traballar por conta propia…”.

Entre abril e xuño na Biblioteca do Fórum Metropolitano atoparedes unha mostra bibliográfica e unhas actividades coas que pretendemos dar maior visibilidade a estes profesionais, destacando a labor levada a cabo pola AGPI, que leva dende o 2003 procurando crear “conciencia de grupo e polo tanto de non traballar na soidade”.

Nestes meses tamén estarán presentes datas sinaladas, como o día do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro e o Día das Letras Galegas, ano adicado a Manuel María.

Ilustradores de antes e de hoxe, reunidos nesta pequena selección e que podedes atopar nos fondos das Bibliotecas Municipais da Coruña. 

 

Actividades dentro da programación da mostra “IlustrArte”

Cartel IlustrArte_con actividades

.: Obradoiro-Creativo “Os Pelelliños” con Anxo Fariña
20 de abril ás 18:30h. (para nenos de 4-6 anos) Require inscrición
Obradoiro de ilustración para estes máxicos personaxes da man do seu creador, inventar novas historias e deseñar novos pelelliños cunha chea de debuxos e risas.

.: Ilustrando coa Escola Pablo Picasso
27 de abril a partir de 11:00h. (para todos os públicos) Entrada libre
Ilustrando en directo cos profesores Mario e Clara e os alumnos do módulo de Ilustración da Escola Pablo Picasso

.: Ilustrando Ando con Irene Sanjuán
11 de maio ás 19.00h. (para todos os públicos) Require inscrición
Clase maxistral de Ilustración con Irene Sanjuán

.: “A casa de Manuel María” con Teatro Babaluva
18 de maio ás 18:00h. (para nenos de 5-12 anos). Require inscrición
Coñeceredes o mundo poético de Manuel María e o recrearedes ao voso xeito nun libro despregable

.: Faladoiro con Antonio Seijas
8 de xuño ás 19:00h. (para todos os públicos) Entrada libre
Antonio Seijas falaramos dos seus álbumes e amosará imaxes de moitos dos seus traballos

Podedes seguir todas as noticias relacionadas con esta mostra co hashtag #IlustrArte

 

Versos en movemento na Biblioteca Forum

Versos en Movemento

…que es la poesía. ¿Es poesía lo que me eriza los pelos en la nuca? ¿Lo que me produce ese escalofrío que me sube por la columna? ¿Un vuelco, en el estómago?¿El  rapto de un instante en el que la respiración y el tiempo desaparecen?¿Un vislumbre de la verdad?¿Los ojos girados hacia dentro y los párpados bajados como un denso telón para que nada pueda distorsionar la verdad súbitamente revelada? ¿Es la compañía perfecta? ¿Es un puñetazo en el alma?…

…La poesía es, así pues, un interruptor que enciende la luz interior, una oda cuya energía acciona un secreto resorte en la mente, activando una recepción en nuestro decimonónico sentido.

…¿Es la canción poesía?

 Unos dicen que sin la muleta de la música el texto de una canción no se aguanta por sí solo en una página en blanco, mientras otros sostienen que el elemento mágico de una canción es precisamente la poesía. Probablemente,  al igual que la poesía, que es más que la suma de sus partes, la canción también lo sea, es decir,  más que música y letras juntas. No queda más que leer el texto, precisamente,  para  sentenciar si participa del propósito y principio fundamental de la poesía, es decir, establecer una calidad de comunicación y albergar una verdad como pura experiencia personal

Alberto Manzano

Dende 13 de Xaneiro ao 31 de Marzo na Biblioteca Forum Metropolitano a Poesía será a protagonista das súas actividades.

“Mostra Bibliográfica”

Versos en Movemento

A  Música e a poesía son cómplices e amantes e constitúen o alimento da nosa alma, e por isto, nesta mostra bibliográfica imos nutrirnos dunha selección de poemas feitos cancións, cancións feitas con poesía e poemas que sen dúbida están cheos de melodía.

 

Grúa poéticaObradoiro: “Grúa poética”
Mércores, 27 de xaneiro ás 18:30 h

Inscrición previa dende o 20 de xaneiro na web: http://www.coruna.es/bibliotecas

Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos, coa colaboración de Celia Parra, no que se unirá a arte de atopar as palabras para crear poemas, coa arte  do origami para confeccionar grúas de papel onde os nenos e nenas farán  voar os seus  versos. Deste xeito celebraremos todos xuntos o Día Internacional da non violencia e da Paz.

 

Recital de poesía: “Cocíñame”: poemario erótico-culinario

Mércores, 17 de febreiro ás 19:30 h.

Entrada libre ata completar capacidade

Celia Parra vainos presentar un recetario de poemas nos que o verbo amar e o verbo comer seguen a mesma conxugación. Un menú completo no que cada plato é unha invitación ao goce, a amar-comer cos ollos e coas mans.

Coñece este proxecto de poesía, cociña e fotografía que vai fervendo a lume lento.

 

Sin títuloRecital de poesía e música: “A forza da palabra no ritmo do silencio”

Luns, 21 de marzo ás 19:30 h.

Entrada libre ata completar capacidade

Xulio Valcárcel, Olga Patiño, Miguel Mato, Diana Varela, Xosé Taboada e Martín Marticorena invitánnos a  compartir  con eles a súa música verbal, o xogo de resonancias, en definitiva, o seu  xeito de percibir o mundo, de tentar expresar a fonda realidade humana.

Outra historia do cinema na Biblioteca Forum

Ao longo do mes de outubro a Biblioteca do Forum Metropolitano celebra o cinema na súa diversidade, o seu glorioso pasado e o seu presente igualmente luminoso.

 

Outra Historia do Cinema

 

 

  • Mostra Bibliográfica: OUTRA HISTORIA DO CINEMA

Do 1 ao 31 de Outubro

A historia do cinema, tal e como nola contaron sempre, tende a ser lineal, masculino e occidental. A cada etapa sucédelle outra, coma se fosen chanzos dunha escaleira de sentido único; non parece haber máis cine que o americano e europeo de tramas claramente novelescas, con algún toque exótico oriental; e os directores, guionistas e produtores adoitan ser homes (por suposto brancos). Pero a verdadeira historia é outra: está inzada de mulleres que crearon obras indispensables, ábrese dende a súa mesma orixe a formas non narrativas e ramifícase por todo o planeta para alimentarse de culturas, linguas, paisaxes e maneiras de entender o mundo moi diferentes. O cine é un e moitos á vez.

Na Biblioteca do Forum Metropolitano preparamos unha mostra bibliográfica con materiais diversos, que podes consultar na seguinte wiki: Outra Historia do Cinema

  • Visita guiada de Martin Pawley: Paseo das estrelas

7 de Outubro ás 19:00 h.

Visita guiada de Martin Pawley (Programador, crítico e productor de cine).

A Biblioteca converténse durante o mes de outubro nun auténtico “paseo das estrelas” ao máis puro estilo hollywodiense, onde as protagonistas son Elas (directoras, guionistas, actrices …) as mulleres máis destacadas no mundo do cine ao longo da historia.

  • Mesa Redonda: 

Cartel Mesa Redonda

A historia do cinema sempre tende a ser lineal, masculino e occidental, pero a verdadeira historia é outra. Participa con nós e coñece outra historia do cinema:

21 de outubro ás 19:00 h.

Participantes:

Martin Pawley (Programador, crítico e produtor de cine)

José Manuel Sande (Programador do CGAI, crítico e historiador de cine, guionista e produtor de ARRAIANOS)

Xabier P. Docampo (Escritor e cinéfilo)

Uxía Villarino (Profesora e cinéfila)

 

TO THE WONDER https://clublecturacoruna.files.wordpress.com/2014/10/bf483-tothewonderdeterencemalick.jpg, de Terrence Malik.

* Festival de Venecia 2012: Premio SIGNIS.

Formato: 35 mm

02, 03 e 04 de outubro

Neil deixou Estados Unidos buscando unha vida mellor, deixando atrás unha serie de feitos dolorosos. Mirando a Mariña aos ollos, Neil está seguro de que atopou á muller que pode amar con dedicación. Pero cando anos máis tarde, unha serie de circunstancias persoais e profesionais rachan a súa relación, outra muller aparece na vida de Neil, con igual ou mesmo maior forza: Jane. Logrará este home manterse fiel á súa promesa inicial ou aproveitará para cambiar a súa vida cara ao futuro que sempre anhelou?

UN CHÂTEAU EN ITALIEhttps://i0.wp.com/www.gamekyo.com/images_1/0bf6c1aee94cbbc5a0900d866e4a35da20131029200441.jpg, de Valeria Bruni Tedeschi

Formato: DVD

09, 10 e 11 de outubro

É a familia de Louise. Pero, cando ela coñece a Nathan, os seus soños de felicidade rexorden.
É tamén a historia do seu irmán enfermo e o destino dunha familia italiana, obrigada a desfacerse do seu patrimonio e parte dos seus recordos. Un mundo que acaba e un amor que dá comezo.

 

https://i2.wp.com/septimovicio.com/portadas/lessalaudsposter.jpgLES SALAUDS, de Claire Denis 

Formato: 35 mm

16, 17 e 18 de outubro

O seu cuñado acaba de suicidarse, a fábrica familiar está ao bordo da quebra e a súa sobriña está ingresada nun hospital psiquiátrico. Sandra acusa a Edouard Laporte de ser o responsable de todos os seus males. Decidido a vingar o dano que causou á súa familia, Marco se muda ao mesmo edificio onde vive a amante de Laporte. Pero Marco non contaba cos segredos que a súa irmá non lle desvelou.

 

https://i1.wp.com/pics.filmaffinity.com/La_imagen_perdida-969340884-large.jpgL’IMAGE MANQUANTE, de Rithy Panh

* Festival de Cannes 2013: Mellor película

Formato: 35 mm

23, 24 e 25 de outubro

Os cidadáns foron enviados a campos de traballo e coa clara intención de eliminar as divisións de clase, todos os efectos persoais foron confiscados e os individuos substituídos por números. As torturas e execucións convertéronse en moeda de cambio á menor infracción.

Nun audaz salto imaxinativo, a historia é representada mediante figuras de arxila superpuestas na narración.

 

  • Mapamundi con referencias a cineastas: Cineastas do mundo

World Cinema

A través dun Mapamundi o “espectador” poderá ver e ser partícipe da diversidade fílmica existente ao longo dos 5 continentes. A modo de panel interactivo será o “espectador” quen descubra, coa axuda dunhas pequenas pinceladas biográficas, a identidade nacional dos cineastas.

 

  • Caixa dos desexos

 Farémonos eco dos teus desexos máis cinéfilos. Poderasnos deixar por escrito as suxerencias de todos aqueles filmes que che gustaría ver ou que tivésemos na biblioteca.

 Caixa desexos

 

  • “3 Minutos: Taller de edición de curtametraxes”

3 minutos Cando: 13, 20 e 27 de outubro, ás 19.00h

Público: de 12 a 16 anos

Inscrición (15 prazas) : do 29 de setembro ao 10 de outubro, na biblioteca, no teléfono 981 184 298 ou enviando un mail a bforum@coruna.es.

Rodaranse curtas suxeridas a partir de personaxes literarias adaptando así os seus aspectos característicos á biblioteca. Usaranse diversas técnicas ademais da imaxe real: debuxo, Stop Motion…

Os nenos aprenderán todo o proceso de montaxe e edición de vídeo, os procesos de efectos sonoros e voces así como a gravación de música. Ao finalizar cada participante terá a súa copia en formato dixital.

 

LIBROS #paracambiaromundo

 

01 copy

Que capacidade ten a literatura, a escrita, para modificar a realidade e transformar as nosas vidas? É a literatura un frente máis na loita polo cambio social? Debe a literatura comprometerse na mellora da sociedade, poñerse do lado d@s humildes, dar voz ás causas xustas que precisan ser divulgadas? Estas e outras cuestións similares, que forman parte dos clásicos debates que se dan arredor dos binomios cultura-sociedade e literatura-sociedade, teñen sido abordadas historicamente desde moi diversas posicións e dan pé á nova mostra que poñemos en marcha na Biblioteca Ágora, baixo o nome “Libros para cambiar o mundo”

Achegámonos nela a obras -novela, poesía, teatro, banda deseñada- que hoxe teñen capacidade de remover a conciencia dos lectores, que non rexeitan a intervención social ou que abren o campo da literatura política moito máis alá do que son as estreitas marxes da escrita “sobre política“.  Damos xa aquí cun dos primeiros debates. Porque literatura comprometida, que vén sendo? Se falar para sinalar unha inxustiza é comprometerse en favor da vítima, non facelo non é  unha maneira de comprometerse en favor -de forma máis ou menos consciente- do causante?  E mesmo, que contidos entran na literatura política e cales non? O mundo do traballo, a familia, as relacións humanas, as dominacións de clase, a relixión, a raza, as relacións afectivas, …? Quen delimita o que entra ou non na consideración de literatura comprometida?

montaje 1 post

Apostarmos por unha visión claramente integradora de todo o social no campo da literatura “política” é unha das nosas decisións. Escollemos obras que conmoven, emocionan, epatan, chaman á acción, fan reflexionar, etc sobre a nosa vida en sociedade, e que alcanzan todos os aspectos da mesma, do amor (non está condicionado tamén polos contextos sociais e  económicos nos que se dá e polos hábitos e costumes que conforman o “sentido común/polícia moral” do territorio-cultura no que se produce?) ao activismo político (sexa do signo que sexa). Non aceptamos, pois, visións reducionistas, nin a caricatura reaccionaria de quen, tendo na súa man a capacidade para prescribir as regras do marco de xogo, o fai nun sentido contrario ao que nos interesa. Literatura comprometida non debe ser sinónimo de posicións políticas de esquerdas, ou de realismo social, ou de contidos de carácter abertamente “partidario” ou mesmo panfletario.

“Este problema pendular no se ha debido creo yo, a la torpeza de los novelistas políticos, sino a cómo están distribuidas las posiciones. Cuando más débil es una posición, menos capacidad tiene para elegir el campo de batalla: el campo se lo impone el canon dominante” di ao respecto Belén Gopegui, autora española de quen, á marxe da súa creación de ficción, recomendamos a leitura do ensaio Un pistoletazo en medio de un concierto. Acerca de escribir de política en una novela. Sobre a literatura desta autora sinala Luis Martín-Cabrera que “la poética de su narrativa da cuenta de una lucha de clases que no termina todavía y recuerda que la cultura es más un campo de batalla que un jardín francés” e que as súas son novelas que buscan romper “no sólo el hielo del alma, sino también las vitrinas del lugar donde todo se vende, novelas del otro lado, de allí donde se admite que las reglas podrían ser distintas: novelas que no ocurran en la urna de cristal de los sentimientos protegidos, los valores aceptados, la sumisión sin resto de melancolía”.

Nesa perspectiva ampla do que consideramos “político” é que nos situamos para a escolla dos contidos da nosa mostra. Por suposto, a compoñente subxectiva de cada leitor ou leitora e a súa propia posición ideolóxica -á marxe de que esta sexa máis ou menos consciente/explícita- son elementos determinantes á hora de marcar o que forma parte ou non dun campo de significado tan difícil de delimitar. E nós non somos inmunes, nin queremos selo, a esta cuestión. Cada persoa, en función dos seus (pre)xuízos e experiencias, faría posiblemente unha selección diferente. A nosa é  simplemente unha das moitísimas posibles.

montaje 2

Mais vaiamos ao concreto. Que van atopar os nosos usuarios e usuarias na mostra? Thoreau, Tabucchi, Saramago, Ferrín, Steinbeck, Gopegui, Pepetela, Reimóndez, Woolf, Lema, Benedetti,  Vidal Bolaño, Albahari, Darwish, Camus, Brecht, Sampedro, Pavese, Boll, Riveiro Coello, Brieva, Belli, … A listaxe de autoras e autores é longa e a variedade de contidos tamén. Novela, poesía, ensaio, banda deseñada, obras para adultos e obras para público infantil, …

A mostra vai estar a disposición das e dos usuarios do 10 de xuño ao 20 de xullo. Ao tempo que vos convidamos a vir pola Biblioteca Ágora, animámosvos tamén a facer as vosas suxestións nas redes sociais, empregando para elo o hashtag #paracambiaromundo

Estas son algunhas das nosas propostas de leitura:

Eu violei o lobo feroz, Teresa Moure
En vías de extinción, María Reimóndez
As uvas da ira, John Steinbeck
Ensaio sobre a cegueira, José Saramago
Gotz e Meyer, David Albahari
Dias y noches de amor y de guerra, Eduardo Galeano
La sonrisa etrusca, José Luís Sampedro
El lado frío de la almohada, Belén Gopegui

Animádesvos a facer as vosas?

montaje cambiar o mundo

montaje cambiar o mundo2

Se as sociedades não se deixam transformar pela literatura, ainda que esta, numa ou noutra ocasiões, possa ter tido nas sociedades alguma superficial influência; se, pelo contrário, é a literatura a que se encontra permanentemente assediada por sociedades, como são estas de hoje, que não lhe exigem mais do que as fáceis variantes duma mesma anestesia do espírito que se chamam frivolidade e brutalidade – como poderemos nós, sem esquecer as lições do passado e as insuficiências de uma reflexão dicotómica que se limitaria a fazer-nos viajar entre a hipótese, nunca satisfatoriamente verificada, de uma literatura agente de transformações sociais, e a evidência de uma literatura, outra, esta, que parece não ser capaz de fazer mais do que recolher os destroços e enterrar as vítimas das batalhas sociais, como poderemos nós, insisto, ainda que provocando a troça das futilidades mundanas e o escárnio do senhores do mundo, voltar a um debate sobre literatura e compromisso, sem parecer que estamos falando de restos fósseis?

José Saramago