Category Archives: Libro electrónico

GaliciaLe.Plataforma de préstamo do Libro Electrónico en Galicia.

Xa está operativa nas  Bibliotecas Municipais a plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe. O obxectivo de este programa é incrementar as posibilidades de lectura neste formato, poñendo a disposición de todos os galegos unha colección actual en formato electrónico en galego e en castelán  e dun xeito totalmente gratuito

Para poder ser usuario de GaliciaLE, son necesarias tres cousas:

  • Ser socio dunha das bibliotecas da rede de bibliotecas, e rexistrarte no propio portal de GaliciaLe
  • Ter unha conta de correo electrónico ( é un dato chave será onde recibirá notificacións, avisos, etc) .
  • Ter un dispositivo compatible ( pc, tablet, lector de libro electrónico;…)

gl

 

 

A plataforma ofrece a posibilidade de ler tanto en liña como mediante descarga .Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dous libros en cada catálogo (dous no catálogo do libro en galego e outros dous no catálogo do libro en castelán) que estarán á túa disposición durante un prazo de 21 días. Se a obra ou obras que buscas están prestadas, poderás solicitalas en reserva (ata un máximo de dous)

A colección está categorizada da seguinte maneira:

Ficción para público adulto, infantil e xuvenil, ciencia e tecnoloxía, ciencias sociais e humanidades, saúde, desenvolvemento persoal, ocio, deporte e informática, idiomas, audiolibros, aplicación interactiva e, próximamente, álbum ilustrado. A propósito desto a editora OQO  fai unha colaboración que abre un novo campo na lectura do álbum ilustrado.

Así que non tes excusa, se aínda non es socio de ningunha biblioteca pública galega ou se o es pero tes dúbidads acude a túa Bibliotecas Municipal máis cercana. Seguro que atopas o que buscas.

 

 

Advertisements