Category Archives: Efemérides

CONCURSO ‪#‎MeuLibro‬

– Que si, un lote completo!!!
– Nas biblios?
– Claro, o día 23 é o Día do Libro e dende ElClú pensamos que qué mellor xeito de celebralo que compartir as nosas lecturas participando no concurso que facemos.
– Que boa idea! E que dis que hai que facer?
– Fácil! Empregas o hashtag #meulibro e compártelo nas redes.
– E que teño que dicir?
– Pois o libro que esteas a ler, o que máis che gustou ou que recomendarías…
– Vale, e que dis que hai que poñer?
– #meulibro
– Ah! Pois voulle sacar unha foto e compartilo agora mesmo no Instagram das Biblios!

Xa vedes, na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, ElClú celebra o#‎DíadoLibro‬ cun concurso para conseguir un lote sorpresa de libros e materiais multimedia a través das redes das Bibliotecas Municipais (Facebook, Instagram, Twitter…) indicando cal é o #meulibro. Só tedes que subir o título ou portada do libro que queirades entre hoxe 21 ata o xoves 29 de abril. O venres 30 de abril farase o sorteo e publicarase o nome d# afortunad#

E se tedes dúbidas de cal escoller (sabemos que non é doado) na Biblioteca Infantil e xuvenil (Durán Loriga) temos unha mostra celebrando os aniversarios de Cervantes e Shakespeare que poden dar pistas!!!

Advertisements

Todos os días son #8m

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para reflexionar acerca dos avances logrados, reivindicar mais cambios e celebrar a valentía e determinación de tantas e tantas mulleres que loitaron e loitan por avanzar na igualdade de oportunidades. Pero cada día é 8 de marzo, cada día dos 365 do ano é unha loita para reclamar os nosos dereitos, romper estereotipos e liberarnos dunha sociedade patriarcal que relega á muller a un papel secundario.

Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña sumámonos a esta loita coa campaña #MulleresCoraxe, rendendo homenaxe a todas aquelas mulleres que, ao longo da historia romperon cos moldes que lles impoñía a sociedade na que viviron. O seu modo de ver e facer as cousas, as súas decisións e o seu traballo supuxeron un avance na defensa dos nosos dereitos.

E aproveitamos a ocasión para recomendar un lote de materiais, que forma parte da iniciativa Date ao lote! e que aborda historias de amor, resistencia e violencia nun mundo no que é preciso mudalo todo: Mulleres e activistas políticas.

mulleres_coraxe

O lote inclúe a novela de María Reimóndez En vías de extinción (Xerais, 2012), o poemario de Teresa Moure Eu violei o lobo feroz (Através, 2013) e a película Al otro lado (2007), dirixida por Fatih Akin. Leva ademais un dossier con material complementario, que permite relacionar e ampliar contidos. Neste caso, unha entrevista a María Reimóndez e o artigo A xeración Nós-outr@s: mulleres e ensaio en Galicia, de Montse Dopico.

en_vias_de_extincion“Gaia, a protagonista desta historia, é unha deses persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante.

Un día, o seu traballo como intérprete fai que a súa traxectoria se cruce coa da cantante de máis éxito do momento. Daquela, todas as certezas que ela manexara semellan estar en perigo. Ou, se cadra, é nesa intersección onde as súas pólas de montañesa políglota e viaxada poden chegar ao máis fondo do ceo”.

teresa_moure

Este livro, que ainda não é,
nasce duma ferida palpitante,
da dor imensa de ver-me desamparada
logo de tantas ideias libertadoras
que pulam, aí onde estais, fora destes muros,
nas ruas, nos antros mal ventilados
que não se conformam com o ar assético da democracia
Mas, sobretudo, este livro
nasce duma ferida
carnosa e suave
que ciclicamente sangra
e que levo aberta
entre as pernas.”

al_otro_lado

“As fráxiles vidas de seis persoas crúzanse durante as súas viaxes emocionais cara o perdón e a reconciliación, entre Alemania e Turquía.

Nejat non mira con bos ollos a relación que o seu pai, Ali, mantén coa prostituta Yeter. Yeter morre inesperadamente, deixando a súa filla Ayten en Turquía. Ayten, lesbiana e activista política, escapa a Alemania onde é acollida por Lotte. Susanne, nai de Lotte, está en contra desta situación”.

Premio ao mellor guión no Festival de Cannes, 2007

Premio Lux do Parlamento Europeo para o Cine, 2007

Lembrade que podedes seguir a campaña Mulleres Coraxe nas redes sociais coa etiqueta #mullerescoraxe, podedes participar das actividades programadas nas distintas bibliotecas da rede e podedes seguir facendo as vosas achegas á nosa wiki colaborativa.

Animámosvos a compartir con nós as vosas mulleres coraxe!!

Día da diversidade cultural

O 21 de maio conmemoramos o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento e dende as Bibliotecas Municipais queremos sumarnos a esta celebración que debe axudarnos a comprender o valor da diversidade cultural e a mellorar a convivencia.

A Declaración Universal da UNESCO sobre a Diversidade Cultural aprobouse no ano 2001 e a continuación, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, declarou o 21 de maio como o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento, a través da súa resolución 57/249 de decembro de 2002.  Dende entón vense celebrando.

Declaracion UNESCO

Fragmentos da Declaración Universal da UNESCO sobre a diversidade cultural

Gustaríame aproveitar a ocasión para recomendar unha obra que nos invita a descubrir, valorar e gozar a diversidade e a riqueza do mundo. Trátase da edición actualizada de Gente, escrita e ilustrada por Peter Spier (1927- ) e publicada recentemente en Patio Editorial. Aínda que se trata dun libro orientado especialmente ao público infantil, é de lectura obrigada para adultos de tódalas idades pola súa marabillosa lección de respecto  e tolerancia.

A través de  textos breves e magníficas ilustracións ás que non lles falta detalle, descubrimos un sinfín de persoas!!! Persoas de distintos países e continentes, persoas que viven de xeito diferente, persoas que se divirten de maneira diferente, persoas de aspecto físico diferente, persoas de relixións diferentes, persoas que se expresan en linguas diferentes… E precisamente no coñecemento desta diversidade está a base da tolerancia e o respecto á diferenza.

Gente

 Anímovos a facer un percorrido pola diversidade que existe no mundo da man de Peter Spier e se é coa canción Xente de Berrogüetto como banda sonora, mellor que mellor!

Es muy extraño: algunas personas odian a otras porque no son como ellas. Porque son diferentes. Olvidan que ellos también parecerían diferentes si se pudieran ver a través de los ojos de las otras personas.

Pero imagina lo terriblemente aburrido que sería nuestro mundo si todo el mundo pareciera, pensase, comiese, vistiera y actuara igual.

Así que, ¿no es maravilloso que todos seamos diferentes?

Día de Rosalía 2015

A Asociación Escritoras-es Lingua Galega (AELG) promove dende o ano 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, do Día de Rosalía.

Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema “Eu son Rosalía!” e convida os centros escolares, institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os particulares que se quixeren sumar, a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicalo ao resto do mundo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…“.

Todas aquelas persoas que vos animedes a realizar o vídeo ou que queirades expresar o voso sentir pola obra de Rosalía, podedes difundilo tamén en redes sociais utilizando o cancelo #EuSonRosalía.

Día de Rosalía de Castro
Ademais, na Biblioteca Municipal Ágora realizarase unha lectura pública de textos rosalianos o martes 24 de febreiro ás 19.00 horas. Animámosvos a que vos acheguedes á biblioteca a celebrar connosco o Día de Rosalía e convidámosvos a participar coa lectura dalgunha das súas obras.

Ata entón, eu despídome cuns versos de Rosalía:

“Ben sei que non hai nada
novo embaixo do ceo,
que antes outros pensaron
as cousas que hora eu penso.
E ben, ¿para qué escribo?
E ben, porque así semos,
relox que repetimos
eternamente o mesmo”

Eu son Rosalia

Día Mundial do Refuxiado

Hoxe, 20 de xuño, celébrase o Día Mundial do Refuxiado, e esta semana, na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano e na Biblioteca Municipal Sagrada Familia temos un Stand informativo e de sensibilización da ONG ACCEM, para que os visitantes poidan dispor de parte do material co que conta e coñezades as actividades que promove.

Mostra Refuxiados Forum

No Día Mundial do Refuxiado, Accem quere pór de relevo unha situación preocupante que é a imposibilidade de acceder á protección que dá o estatuto de refuxiado para miles de persoas. Imposibilítao o mero feito de non poder chegar ao territorio español e europeo. Os fluxos de persoas que tratan de chegar ao noso territorio son mixtos, formados por inmigrantes e refuxiados, polo que as accións de rexeitamento e as devolucións en fronteira impiden non só acceder a Europa senón a unha protección internacional á que teñen dereito.

Os conflitos armados son neste momento a primeira causa de desprazamento forzoso no mundo. Conflitos como os abertos en Siria, Mali, Somalia, Afganistán, Sudán, Iraq ou a R.D. Congo xeran a maior parte dos máis de 45 millóns de persoas refuxiadas no mundo. 4.485 desas persoas solicitaron protección internacional en España en 2013 o que constitúe unicamente o 1% das rexistradas en Europa (434.160 solicitudes).

Ás dificultades de acceso únense as dos procedementos. Reflexo diso é que só a 205 destas persoas recoñecéuselles o dereito ao estatuto do refuxiado en España e a 325 o estatuto de protección subsidiaria. Isto supón que ao 22,61% recoñecéuselles o dereito a protección internacional. Un incremento respecto ao ano anterior pero non suficiente.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña #recomendamosbmc unha selección sobre a temática do Refuxiado.

This slideshow requires JavaScript.

 

 

29 de abril, o día das verbas que danzan

 

Verbas Que Danzan

 

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña quixemos neste 2014 unirnos á celebración do Día Internacional da Danza a través de dúas actividades vinculadas á Biblioteca Ágora: a proxección do video Verbas que Danzan e a elaboración e difusión dunha mostra homónima, pensada para público adulto e que recolle materiais diversos arredor das artes do movemento corporal.

Canto ao video, no blog Suma Ágora fomos ofrecendo nos pasados meses información detallada do seu proceso de creación, que rematou coa presentación pública do mesmo nunha das seccións do festival Por amor al arte, en febreiro deste mesmo ano. Na súa realización, a cargo das compañeiras Clara Porta, Eva Vieites, Nelson R. Avilez, Natalia López Ponlla e Xavier Campos, contouse coa colaboración da bailarina profesional Carla López Ponlla, coruñesa afincada en Estados Unidos por estar vinculada ao Tulsa Ballet.

Pola súa banda, a mostra Verbas que danzan está a disposición das e dos usuarios do 14 de abril ao 14 de maio,  e confórmase con discos, filmes, documentais, novelas e libros de ensaio relacionados de maneira directa ou indirecta coa danza e o baile. Cisne negro, Pina Bausch, Billy Elliot, Sempre quixen bailar un tango, Cascanueces, … son algúns dos materiais que as persoas interesadas poden atopar na mesma.

Verbas que Danzan 2014 (1) Expo (5) Expo (4) Expo (8)

Deixámosvos co texto creado para o audiovisual, ao tempo que vos convidamos a achegarvos e descubrir máis sobre o mundo da danza a través desta sinxela pero bonita actividade da Biblioteca Municipal Ágora.

 

rozar a textura, o tacto, a calidade das palabras. pousar nas mans, a túa man na miña, e sentir a vida, poder apalpar cada latexo. márcase o que somos no lombo da tarde, cómbase por riba dos teus sorrisos, nos corpos a danzaren sobre as horas. todo é violento e todo brilla, leo. todo está ferido e todo nos salva.

gústame sentirte do meu lado, por onde medran os soños e a escrita avanza cara o ventre do silencio. gústame dicirte, vivirte, espirte de camisa negra e ollos vermellos, aloumiñarte de neno e amante e pobo e alicia e drama e viaxe e noite e misterio.gústame verte bailar,
gústame ver o movemento con que escribes a vida que nos invade, con que trazas a emoción no aire que respiro.

es aquilo que preciso a cada intre, omnímoda, abrangues todo canto eu son quen de vivir e de agardar. paséote porque habitas mundos,
mudas en príncipe do reino dos doces, en nena que rebenta os lindes do posíbel, en Sherazade que me salvas das rutinas e dos medos, en cidade de músicas diversas na lembranza, en bairro de mariñeiros e agra aberta á multitude. bebo os teus velenos e morro e somos para sempre ou esperto e non estás. 

a escrita do teu corpo na miña terra, o que debuxas de mans abertas no tempo desta praza das palabras. é preciso, hoxe, poñer palabras ao que se rompe, falar desde a fenda, medir a fractura e as consecuencias, o seu centro e a súa expansión. é precisa a alegría, a cultura, o alento por soñar e danzar a esperanza da vida.xunt@s os libros arden mal, as letras infectan de futuro canto hoxe nos rouban os homes grises.  

gústame verte bailar, mirarte na contorna do poema que me dictas, ofrecerche os meus pés para que subas e camiñemos. gústame tocar a túa boca e rachar os reloxos, desaprender para admirarme contigo, amarte contra toda esperanza, mergullarme nas palabras que me gardas e me dás, que me ofreces xenerosa e libre e luz.

vémonos, a diario, na praza das palabras, entre as verbas que danzan, nos espazos do común, teus e meus e de tod@s, onde a vida abre as portas e as palabras se acompasan ao ritmo dos teus latexos.

Mulleres coraxes: #readwomen2014, Ano das Mulleres Lectoras

Dentro da programación especial que as Bibliotecas Municipais de A Coruña dedicamos este ano o Día Internacional  da Muller, queremos destacar esta iniciativa que sitúa o 2014 como o Ano das Mulleres Lectoras #readwomen2014, que trata de animar ós lectores e lectoras a coñecer e achegarse á literatura feita por mulleres, mulleres coraxe.

Esta iniciativa xurde no mundo anglosaxón cando a escritora e ilustradora Joanna Walsh adoptou a tradición francesa de enviar cartas para felicitar o ano novo en forma de marcapáxinas, incluíndo no seu reverso nomes de escritoras. Un simple regalo para os lectores do seu blog e que posteriormente trasladou a Twitter, publicando unha lista con 250 referencias de escritoras que ler co eslogan 2014 o Ano das Mulleres Lectoras.

A esta campaña sumáronse outras para reindivicar a figura da muller na literatura, orixinándose un auténtico movemento.Os editores de grandes publicación, con grandes tiradas, adquiron o seu compromiso de implicación xa que como eles mismo indicaron ” nada cambiará si a xente non actúa dentro do entorno do que ten certo control“.  Por esta razón o editor da revista The Critial Flame afirmou que o 2014 adicaríanllo a escritoras.

#readwomen2014

Joanna Walsh esta escritora e ilustradora chámalle a atención sobre as prácticas lectoras sexistas no mundo algosaxón. Walsh non inventou nada, baseouse a súa información no censo anual da organización Vida: Women in Litery Arts que comproba que nos principais suplementos e revistas o número de mulleres reseñistas e salientadas é inferior  ao da presenza masculina

Pero sen lugar a dúbida, foi ó traslado de esta iniciativa o que fixo que a súa repercusión alcanzase miles, e millóns de seguidores.Existe unha conta oficial de Twitter e un hashtag para facer referencias ó Ano das Mulleres Lectoras.

Twitter: @ReadWomen214                                     Hashtag: #readwomen2014

Joanna Walsh @badaude

joannas walshA está escritora e ilustradora adoptou o como seudónimo  Badaude,  tomado dunha antigua palabra francesa que ten relación con Flameur: “unha persoa que observa toda con relantí, asomo ou sorpresa”. Badaude quería contar historias a través do deuxco, un reto interesante, o de representar o espacio no tempo nunha soa páxina.

Nos hoxe sumámonos a campaña do Ano das Mulleres Lectoras co #readwomen2104 presentánfovos a Joanna Walsh

Os seus libros

London Walks
Foi o seu primero libro. Son ensaios visuales sobre a cidade de Londres. Publicouse en 2011 pola Tate e os seus exemplares agotáronse en menos de nove meses e foi reimpreso en dúas ocasións. Londo Walks!  é unha guía turísitica a través de 21 paseos, 3 rutas de autobús e un viaxe en barco.

Fratals: cuentos

Fratals é un  modelo no que os patróns da estructura xeneral se replican a nivel individual. É unha imaxen útil a ter encontra ó leer historias impresionistas ver la alienación y el descontento da vida moderna exprésase a tarvés das experiencias dos individuos aislados.

Ruptura de la relación entre las perosonas y los objetos , personas y lugares, aspiraciones y realidad

Se queres saber máis da vida e dos traballos literarios visita o  blog de Joanna Walsh  que leva por nome o seu seudónimo, Badaude.

Sumádevos a iniciativa do Ano das Mulleres Lectoras recomendando obras de escritoras en Twitter co  hashtag  #readwomen2014.

Nas Bibliotecas Municipais contamos con Wiki destinado ás Mulleres Coraxe  no que lembramos a esas pioneiras que, pese a todo, lograron acadar un éxito tras outro ao mesmo nivel que os homes e, en ocasións, maior. Falamos de escritoras, científicas e investigadoras, nais, cantantes, actrices, irmás, políticas, mestras, esposas…

mullers corazxe

Se queredes coñecere levar en préstamo as obras das nosas Mulleres Coraxe podedes consultar no Catálogo das Bibliotecas Municipais a dispoñibilidade dos materiais

 

Os clubs de lectura e a diversidade

Son moitas as persoas que participan nos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais, moitas e con moi diversos intereses. E precisamente por esa diversidade, a experiencia resulta enriquecedora e satisfactoria. Intercambio de opinións, vivencias, puntos de vista en torno ás vidas ficticias de personaxes que salen do papel e viven fora da ficción, e que no fondo son reflexos ficcionais de personaxes que, en maior ou menor medida, crúzanse nas nosas vidas no día a día.

 F4-CVRKitchen

E a diversidade é tamén o motivo deste post. Celebrar a diversidade afectivo-sexual por medio dunha convocatoria especial para as persoas que participan nos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña e con motivo das actividades relacionadas co día 28 de Xuño, a celebración do día do orgullo LGTBQ no que se conmemoran as revolta de Stonewall no 1969 en Nova York e que se convertiu en data clave da loita pola visibilidade das sexualidades diversas.

Dende as Bibliotecas Municipais queremos invitarvos a participar dunha sesión especial do Club de lectura no que saborearemos a narrativa de Banana Yoshimoto co libro Kitchen e a súa contrucción de personaxes diversos, historias cotiás e trasfondo universal. Así que se xa participas dalgún dos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais e queres aproveitar a coñecer ao resto de participantes doutras biblitecas, esperámoste o martes 2 de Xullo ás 19h. na Bibioteca de Ágora para facer unha posta en común arredor da obra desta xaponesa.

Podes apuntarte chamando ao 981189886. As plazas son limitadas!

22 anos compartindo lecturas na Biblioteca Infantil e Xuvenil

Na Biblioteca Infantil e Xuvenil este ano cumprimos 22 anos compartindo e gozando da literatura infantil e xuvenil.

Para celebralo fixemos unha mostra cunha selección de fondos bibliográficos distinguindo catro categorías:

  • Orixes: facendo un pequeno repaso dos libros máis antigos que temos no depósito de conservación.
  • Imprescindibles: aqueles libros que nós (as bibliotecarias) consideramos como xoias; xa sexan álbumes, libros infantís, contos…
  • Tesouros: neste seleccionamos os libros que temos adicados polos seus autores, libros que están na lista de honra do IBBY, libros que foron premios white ravens e libros de autores galegos.
  • En Femenino: pequeno apartado onde recopilamos diferentes versións dos libros protagonizados por Cincentas, Carapuchiñas e Alicias

Aquí tedes a guía de lectura con todos os libros que foron seleccionados.

This slideshow requires JavaScript.

Cantares Gallegos, 150 anos , homenaxe na Coruña

Rosalia de CastroSe algunha obra ten carácter mítico e fundacional na recuperación literaria da nosa lingua e cultura esa é Cantares Gallegos, coa que dá comezo o chamado Rexurdimento cultural de Galicia e coa que Rosalía de Castro se erixiu naquel momento, e xa para sempre, en figura central da nación dos galegos e galegas. Mañá, 17 de maio, cúmprense 150 anos da súa publicación, ou máis ben da data na que a súa autora asina a dedicatoria do libro á escritora andaluza Fernán Caballero, seudónimo de Cecilia Böhl de Faber.

Reducida durante anos a figura prototípica da Galicia sumisa, queixosa e melancólica –con intencións nada inocentes-, estudosos da súa obra como Francisco Rodríguez (Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria) teñen conseguido por fin que hoxe sexa sentida e divulgada a súa obra como propia dunha autora complexa, moderna e claramente progresista, situada ao carón do pobo desde unha posición cívica e social que non admite dúbidas canto á defensa das mulleres, a denuncia da emigración ou a propia percepción e difusión da identidade nacional de Galicia.

Do éxito do libro dan conta o convite que a autora recibiu para participar nos Jocs Florals de Barcelona ou a celebración que do mesmo fixeron poetas portugueses da talla de Antero de Quental ou Teófilo Braga, mais especialmente o feito de ter sido recoñecido unanimente como alicerce simbólico da recuperación cultural e identitaria do país.

Exemplar dunha primeira edición de Cantares Gallegos, dispoñibel na Biblioteca de Estudos Locais, conservado coa sua encadernación orixinal.

Con motivo da celebración dos 150 anos de Cantares Gallegos a cidade da Coruña, a única na que o seu principal teatro leva o nome de Rosalía, celebra unha homenaxe cívica á autora, homenaxe que á súa vez conmemora o que a cidade xa tributara a Manuel Murguía, o seu marido, en 1913, con motivo do seu 80 aniversario. A homenaxe terá lugar en dous actos:

  • Este xoves 16 de maio ás 20 horas preséntanse en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22 A Coruña) dúas novas edicións de Cantares Gallegos, a cargo de Pepe Barro e de Anxo Angueira, respectivamente.  A fermosa edición de Pepe Barro destaca pola calidade creativa da súa parte gráfica e visual, e está a cargo de El Patito Editorial. A de Anxo Angueira -ademais de erudito, gran rapsoda dos versos de Rosalía- pola lectura anovada e crítica que ofrece da obra rosaliana.
  • O domingo 19 ás 19 horas no Teatro Rosalia un concerto – recital levará a poesía rosaliana ao público a través da música e das voces de diferentes artistas de noso.

Ficamos convidados, todos e todas, a celebrarmos nunha data central do noso calendario cultural unha efeméride que marcou para ben a nosa historia como pobo: desde a literatura e desde Nós, a defensa da xustiza, da igualdade e da fraternidade, na voz universal de Rosalía.