Category Archives: Club Miúdo

Estamos de volta!

Despois dun longo e merecido descanso estival no que recargamos as pilas, chegou o outono e con el os clubs da BIX se poñen en marcha. Canto votabamos en falta á rapazada!

E aínda que no verán fixemos algunha actividade como a de Agosto Creativo, todas as compis biblioclubeiras estabamos desexando xa poñernos máns á obra cos clubs de lectura, ver aos nosos/as clubeiros/as (porque un pouquiño nosos/as si que son), e, como non, coñecer a novos rapaces/as dispostos/as  a unirse á aventura.

biblioclubeiras

Así que xa sabedes, temos todo preparado, estamos cheas de enerxía para pasalo en grande compartindo lecturas, bos momentos, encontros con autores, saídas pola cidade… e esa maxia que se crea nos grupos e que fai que os nosos clubs sexan únicos. Agora só nos faltades vos para dar comezo da andadura.

Se tendes entre 9 e 11 anos podedes anotarvos no Club Miúdo que dará comezo o próximo 3 de novembro. E se a vosa idade está entre os 12 e 16 anos o voso club e ElClú que arrancará o vindeiro 10 do mesmo mes.

cartel-inicio-clubs

 

Agardámosvos!