Asi nacen as baleas


Achégase o verán e os clubs de lectura das bibliotecas municipais rematamos as nosas reunións. Despedirémonos de todos vós cunha saída a Ourense para facer a nosa particular homenaxe a Carlos Casares.

Pero antes, dende a Biblioteca Ágora queremos recomendarvos o libro có que o pasado mércores clausuramos un dos nosos clubs: Así nacen as baleas, de Anxos Sumai. 

Así nacen as baleas conta a historia dunha muller que volve á casa na que pasou a súa infancia para reencontrarse coa súa familia. Nesa volta ó seu lugar de orixe reaparecerán os recordos, cós que A nena (en ningún momento a autora descubre o nome da protagonista) vai recompoñendo o seu pasado. Un pasado doloroso, de carencias afectivas e abandono. Pero tamén de tenrura, inocencia e amor.

Mais alá desta historia persoal, Anxos Sumai fálanos da familia, desa outra cara das familias, terrible, pero real ás veces, capaz de crear infelicidade adxudicando destinos non escollidos. Capaz así mesmo de ferir, maltratar e destruír. E fala tamén da loita do individuo contra ese destino que lle vén imposto, e da rebeldía como forma de liberación persoal.

A pesar da dureza que se esconde tras as páxinas do libro, Anxos Sumai sorpréndenos pola forma en que este está escrito: a obra, repleta de metáforas e símbolos, (as baleas, seres enormes e de inmenso corazón) emociona e conmove mesmo, ou mais se cabe, nos momentos mais dramáticos:

As palabras sérvenme para transformar unha escena terribelmente desagradábel nalgo fermoso. O doado sería escribir a violencia dende a linguaxe descarnada, mais o que me interesa é ese proceso de transformación a través das palabras.

O resultado é unha novela inquietante, impactante, repleta de matices. Non sobra nin falta nada: os silencios din tanto como as palabras, e deixan marxe para que o lector reflexione e saque as súas propias conclusións. E, de feito, a lectura propiciou un ambiente cálido e íntimo e deu lugar a un debate sumamente enriquecedor.

Así nacen as baleas recibiu os premios : Narrativa Breve Repsol YPF 2007, Arcebispo San Clemente 2008,

Outras novelas da autora que podes atopar nas Bibliotecas Municipais:

E se queres máis información sobre a autora e o seu libro podes consultar o noso dosier

Boas lecturas!

Advertisements

Posted on 12 Xuño, 2017, in A biblioteca recomenda, Clubes de lectura, Xeral and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Unha novela muy axeitada para rematar o Club este mes, co engadido de ser unha muller e en galego…Bravo!! Detrás da aparente sinxela trama surxiron unha infinidade de sentimentos e comentarios entre nos, a pesar de que persoalmente e o primeiro libro deste ano que me deixa sen palabras para comentar; o meu corazón e a miña cabeza tiñan un conflicto tan grande que a miña gorxa deixou de falar incrédula. Gazas a D. só ata que algún valente comenzou o debate……….e xa non puidemos nin quixemos parar!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: