Un neno, unha montaña, un dictador


Este curso 2016/17 en ElClú quixemos empezar con forza, apostando por un título que sabiamos que non ia deixar indiferente a ninguén, e así foi. El niño en la cima de la montaña  recrea unha historia distinta, tenra, profunda, dura en ocasións, que ben puidera ser real. Unha desas historias na que os finais non sempre son doados, pero son bos finais.

libros

El niño en la cima de la montaña

John Boyne neste libro trata, unha vez máis, a lacra do nacismo dende o punto de vista dun neno, un rapaz inocente e indefenso que sofre unha tremenda transformación a medida que transcorre o tempo. A vida non trata excesivamente ben a Pierrot, que queda só con sete anos. Desamparado, e despois de pasar por un orfanato, acaba no Berghof, a residencia que Hitler ten nos Alpes. Imaxinádesvos como sería a convivencia có Führer? Toda unha vivencia que marcará a Pierrot de por vida.

Non queremos facervos ningún spoiler, así que vos invitamos a mergullarvos nesta lectura tan reveladora, tendes exemplares coma sempre nas nosas Bibliotecas.

Entrega do primeiro libro de ElClú do curso 2016/17

Entrega do primeiro libro de ElClú do curso 2016/17

Pero nas sesións non só lemos o libro. Visionamos anacos de películas como El gran dictador, La vida es bella, La ladrona de libros… que comentamos. Fixemos tamén un montón de procuras na rede sobre a Segunda Guerra Mundial, para situarnos no contexto histórico. Coñecimos termos como ‘gentil‘ para referirse aos non xudeos, as xuventudes hitlerianas que aparecen ao longo da historia en reiteradas ocasións,  führer para referirse a Hiltler, o significado do saudo dos nazis ‘sieg heil‘, ou que a casa de verán de Hiltler onde acontece gran parte da trama do libro se chamaba Berghof.

Ademais, na última sesión antes do Nadal, como sempre, desfrutamos da nosa sesión biscoito, esta vez, acompañada dun mannequin challenge que algún dos nosos clubeiros insistíu moito en facer, e non nos quedou tan mal, que opinades?

E para rematar de completar a lectura, ocorréusenos que sería unha boa ocasión para visitar un espazo da nosa contorna que nos podía ofrecer unha visión diferente da Segunda Guerra Mundial. Así que dito e feito, puxémonos en contacto co Museo Histórico Militar da Coruña que nos preparou unha visita guiada centrada principalmente nese contexto histórico. Dende aquí aproveitamos a ocasión para agradecer a disposición e o trato recibido polo persoal do centro.

E ata aquí o percorrido polo mundo de John Boyne dende ElClú (de momento). Recordarvos que temos un montón de lecturas deste autor nas nosas Bibliotecas:

Vémonos pronto con novas lecturas!

Deica logo!

Advertisements

Posted on 9 Marzo, 2017, in Actividades do club, Clubes de lectura, ElClú, Libros lidos, Novela histórica e biográfica, Novela social e política, Xeral and tagged , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: