Club de lectura Queeruña: o privilexio de ler sen etiquetas


Para moitos as siglas LGTBQ non significarán nada. Para outros tantos son un símbolo de identidade, liberdade, dereitos e respecto. Dende o meu parecer, tamén de amor e valentía. Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais. ” E o Q do final, que diantres…?” Queer, of course. Unha palabra que en inglés significa raro, invertido, desviado. Comezou sendo un termo de estigmatización que se empregaba para falar dun xeito despectivo da comunidade LGTB e de toda sexualidade que non estivera dentro da “normalidade” heterosexual. Foi a principios dos noventa cando certo sector da poboación LGBT sentía que a dirección que tomara o movemento non os incluía e só daba visibilidade a certo tipo de persoas gai. Entón decidiron apropiarse da palabra queer e convertela naquela que identificaría unha nova corrente do movemento na que o sexo e o xénero son unha construción. Un termo común para todas aquelas persoas que non se senten incluídas na forma tradicional coa que se definen as relacións (LGBT, pansexuais, intersexuais, asexuais, poliamorosos…)

quAsí o define Judith Butler, unha das “nais” do movemento:

“O meu entendemento da palabra Queer é o dun termo que desexa que non teñas que presentar un cartón de identidade antes de entrar nunha reunión. Os heterosexuais poden unirse ao movemento queer. Os bisexuais poden unirse ao movemento queer. Queer non é ser lesbiana, non é ser gai. É un argumento contra a especificidade: se son lesbiana teño que ser de tal modo. Ou se son gai teño que desexar de certa maneira. Queer é un argumento en contra de certa normativa, do que unha adecuada identidade lesbiana ou gai constitúe”.

A teoría parécenos fantástica, vale… pero… e a práctica? Que podemos facer desde a nosa esquiñina para visibilizar realidades? As bibliotecas somos quen de darlle un empurrón á corrente crítica? Somos, claro. As municipais tamén “entenden”. Non se trata de institucionalizar movementos, senón de que as institucións se movilicen. Esquecer os códigos establecidos e facer o posible para queimar etiquetas, xerar diálogo e crear comunidade.

twitter

Este martes 28 de xuño  preséntase o  primeiro club de lectura LGTBI de Galicia: o Club de lectura Queeruña. Un club que nace como imán para esxs lectorxs que buscan algo diferente: novelas, poesías, cómic e películas que rebasan o clásico discurso binario, dispostas a abrir liñas de debate tan alternativas como necesarias.

A presentación e primeira sesión terá lugar mañá na biblioteca do Fórum Metropolitano ás 18:30 h. Un encontro informal para falar da dinámica do club de cara ao seu comezo (setembro-outubro) e comentar a primeira das lecturas propostas: ¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? de Jeanette Winterson.  A primeira dunha escolma de calidade na que se inclúen libros que son pura controversia, como Testo Yonqui, ou películas tan humanas como La vida de Adèle, baseada na ultracoñecida novela gráfica “El azul es un color cálido”.

m

Podes atopar todo o material proposto polo Club Queeruña no Cascarilleiro, o catálogo das Bibliotecas Municipais de A Coruña

Paréceme unha parvada aclarar que o feito de que a temática queer sexa un fío condutor non debe facer pensar axs lectorxs que é un club só para LGTBI, pero haberá que puntualizalo por se alguén xa ten pensado que vai dirixido a un público concreto e non vai ser quen de disfrutalo (xa mencionei liñas máis arriba que as etiquetas só serven para ser queimadas).

Para rematar, non me queda máis que animar a todxs xs que nos len a que deixen os prexuízos na casa e formen parte desta interesante iniciativa. Para saber máis detalles sobre o como, cando e onde, visita o seu blog ou segue os seus chíos en Twitter. Fuck normality!

Advertisements

About violetasr

Traficante de ideas.

Posted on 27 Xuño, 2016, in Clubes de lectura, Xeral and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: