Celebración do “Día mundial do Teatro” co Club de Lectura de Monte Alto.


O 27 de marzo celébrase o “Día mundial do Teatro” e, despois de ensaiar có grupo algunhas lecturas dramatizadas, unhas cantas valientes atrevéronse a facer unha pequena representación de “fin de curso”. Coa inestimable axuda de Manolo Sánchez, Sofía, Juana, Elena, Marisé e Cuca levaron a cabo unha representación digna de Broadway e, sen demasiados medios nin atrezzo, foron capaces de meternos na escola de Moncho (o protagonista) e na súa aldea. A obra escollida foi unha estupenda adaptación teatral feita por Manolo da película “A língua das bolboretas“, de J. L. Cuerda, inspirada en tres relatos do libro “Qué me queres, amor“, de Manuel Rivas. Tanto o libro coma a película están traducidos a varios idiomas e todos coñecíamos a historia, pero vela representada polos compañeiros foi moi emotivo. Ante un público absolutamente entregado, as nosas actrices debutaron con éxito absoluto. Parabéns a todas e a nosa gratitude eterna para Manolo Sánchez, que fixo de director, guionista e narrador. Aquí queda o documento gráfico.

Advertisements

About marta.rivadulla

Bibliotecaria, lectora empedernida, amante de la fotografía y soñadora de grandes viajes.

Posted on 1 Xuño, 2016, in Actividades do club, Club Monte Alto and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: