CONCURSO ‪#‎MeuLibro‬


– Que si, un lote completo!!!
– Nas biblios?
– Claro, o día 23 é o Día do Libro e dende ElClú pensamos que qué mellor xeito de celebralo que compartir as nosas lecturas participando no concurso que facemos.
– Que boa idea! E que dis que hai que facer?
– Fácil! Empregas o hashtag #meulibro e compártelo nas redes.
– E que teño que dicir?
– Pois o libro que esteas a ler, o que máis che gustou ou que recomendarías…
– Vale, e que dis que hai que poñer?
– #meulibro
– Ah! Pois voulle sacar unha foto e compartilo agora mesmo no Instagram das Biblios!

Xa vedes, na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, ElClú celebra o#‎DíadoLibro‬ cun concurso para conseguir un lote sorpresa de libros e materiais multimedia a través das redes das Bibliotecas Municipais (Facebook, Instagram, Twitter…) indicando cal é o #meulibro. Só tedes que subir o título ou portada do libro que queirades entre hoxe 21 ata o xoves 29 de abril. O venres 30 de abril farase o sorteo e publicarase o nome d# afortunad#

E se tedes dúbidas de cal escoller (sabemos que non é doado) na Biblioteca Infantil e xuvenil (Durán Loriga) temos unha mostra celebrando os aniversarios de Cervantes e Shakespeare que poden dar pistas!!!

Advertisements

Posted on 22 Abril, 2016, in A biblioteca recomenda, Efemérides, ElClú, Escritores, Libros lidos, Novas, Recomendacións dos nosos lectores, Xeral and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: