O máis prestado na Biblioteca Os Rosales no 2015: literatura, cine e cómic


Na Biblioteca Os Rosales, comezamos o 2016 facendo un repaso ao máis prestado durante todo o ano 2015. Novelas de adultos, literatura xuvenil, cine e cómic.

Novelas que demostran o bo gusto das xentes que len no barrio. Porque non só de best seller viven os lectores! Editoriais como Impedimenta ou Libros del Asteroide, das que somos fieis seguidoras, cólanse entre o máis prestado do ano. Moita intriga tamén, con Pierre Lemaitre, Víctor del Árbol ou Dolores Redondo entre outros. Pero tamén están presentes outros xéneros con títulos como A la sombra del árbol violeta, El olvido que seremos, Todo lo que hay ou Palmeras en la nieve

This slideshow requires JavaScript.

Porén, a novela xuvenil segue unha pauta completamente diferente. E é que son as sagas as que triunfan entre a xente nova. Pero mirade, entre os vinte máis prestados, temos dous títulos en galego: Ámote Leo A. de Rosa Aneiros e O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas; outro libro da editorial Libros del Asteroide que é unha marabilla: Mi planta de naranja lima; ou unha novela romática diferente como son as de Rainbow Rowell. Tamén constatamos que os libros das autoras e autores que visitan a nosa cidade sempre son moi lidos nas nosas bibliotecas. Tal é o caso de El juego sigue sin mi de Martín Casariego, que visitounos dentro do ciclo Libros en Directo, no Centro Ágora.

This slideshow requires JavaScript.

O cine é dos materiais máis prestados das bibliotecas. Podemos ver comodamente na casa e en versión orixinal (isto é fundamental!!!), tanto as novidades que se estrenan en dvd no ano como os clásicos, que non sería tan sinxelo conseguir ver doutro xeito. Tamén están tendo moito tirón as series de televisión. Tentamos ir mercando series completas, co fin de poder disfrutar de todas as tempadas. Entre os vinte primeiros, vemos True detective. O fenónemo das sagas tamén o constatamos no cine, coas películas Bajo la misma estrella, Divergente ou El corredor del laberinto. Pero do que máis nos sentimos orgullosas nos Rosales é do moito que se presta o cine español, colección pola que apostamos con forza.

This slideshow requires JavaScript.

O mundo do cómic xa o comentamos no seu artigo do blog de Fancómic, así que remitímosvos a él para comprobar os vinte máis prestados, todos xoias da nosa comicteca.

Advertisements

Posted on 8 Xaneiro, 2016, in Recomendacións dos nosos lectores and tagged , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: