Roteiro Literario A Esmorga. Clubs de lectura Biblioteca Ágora


O pasado 10 de xuño os clubs de lectura da Biblioteca Municipal Ágora visitamos Ourense. O motivo non era outro que percorrer o roteiro literario de A Esmorga. A nosa guía era Rosa, unha apaixoada da literatura e arquitectura da súa cidade. Ourense, como ben se sabe, engaiola nada máis poñer os pés nel. As prazas, as rúas empedradas, ese sol abafante…

roteiro literario

Da man de Rosa soubemos meternos na pel dos protagonistas de A Esmorga: Aladio Milhomes,  Cibrán o Castizo e Xanciño o Bocas. E soubemos agradecer a primavera, xa que eramos conscientes do ambiente húmido e frío que reflicte a novela.

IMG-20150625-WA0005

Na tarde acudimos á exposición O Bodegón Oculto, na Fundación Abanca. Un percorrido polos bodegóns de pintores galegos dende os cadros máis clásicos ás obras máis modernas.

Aquel día transportámonos a outro século e outra maneira de vivir e comprender a sociedade do momento, pois observamos a cidade con ollos viaxeiros no tempo.

A Ourense tamén fumos de algueirada: comer e beber nos lugares máis tradicionais do casco vello,  compartindo a amizade surxida da unión dos clubs de lectura. Porque unha vez máis, a biblioteca proporciona un lugar de encontro, de abeiro e de formación.

IMG-20150625-WA0002

Para o vindeiro curso prevemos que poidan abrirse prazas para os clubs de lectura dos martes e dos mércores. As inscricións estarán abertas a partires de setembro.

Advertisements

Posted on 26 Xuño, 2015, in Actividades do club, Club Ágora, Clubes de lectura and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Eu preguntome como podemos unirnos o clube de lectura, estaría interesada xa que non vexo actividades do estilo na coruña e os xoves como eu, con vintetres ans non encontro xente motivada a elo.
    Non sei se hai que facer un propio o xa podes unirte a un xa existente, grazas po-la axuda.

    • A partir do mes de setembro de 2015 abrirase o prazo de inscrición dos clubs de lectura na Biblioteca Municipal Ágora. Estén ao tanto da web e dos cartaces, ou pregunta na propia biblioteca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: