Libros en directo: James Ellroy


O próximo xoves 16 de abril teremos a oportunidade de ver a James Ellroy no Centro Ágora, presentando a súa última novela Perfidia. Ellroy participará no ciclo de encontros con autores Libros en Directo, presentado polo escritor Pedro Ramos.

James Ellroy naceu o 4 de marzo de 1948 en Los Angeles  (California, Estados Unidos). Cando tiña apenas 10 anos, a súa nai foi asasinada, feito que marcou a vida persoal e literaria de Ellroy. Tras unha infancia e adolescencia rebeldes, alistouse no exército, abandonándoo para coidar ao seu pai ao sufrir este un infarto. Trala morte do seu pai entregouse ás drogas e á vida delictiva, ata que en 1977 entrou en Alcohólicos Anónimos e comezou a refacer a súa vida. O seu traballo como caddie nalgúns clubs de Los Angeles permitíalle vivir e dedicar tempo á escritura. Con 30 anos publicou a súa primeira novela, Requiem por Brown.

As súas obras caracterízanse por un estilo cortante e por un ton macabro, pesimista e escuro. Ellroy centrouse no xénero policíaco, no que acadou gran éxito con obras como La dalia negra ou L.A. Confidential. As súas personaxes, decadentes e carecedoras de esperanza, fixérono merecedor do título de Demon Dog of American Crime Fiction (o can demoníaco da novela negra americana).

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes atopar as seguintes novelas de Ellroy: L.A. Confidential (1998), Sangre en la luna (2001), A causa de la noche (2001), La dalia negra (2003), Loco por Donna (2005), El asesino de la carretera (2008), Jazz blanco (2009), Noches en Hollywood (2009), Sangre vagabunda (2010), Seis de los grandes (2010), Clandestino (2011), América (2010),  e Perfidia (2015). Consultade o noso catálogo para ver a súa dispoñibilidade.

This slideshow requires JavaScript.

E se queredes descubrir máis detalles sobre Ellroy e a súa traxectoria… lembrade que tendes unha cita no Centro Ágora o xoves 16 ás 20.00!!

Advertisements

About nmartinezrey

Bibliotecaria fascinada polo social media, a comunicación 2.0 e o coaching. Cada día é unha nova oportunidade de aprender algo máis ;-)

Posted on 9 Abril, 2015, in A biblioteca recomenda, Escritores, Novas and tagged , , , , , , , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: