Canciones de amor a quemarropa de Nickolas Butler


No club de lectura dos Luns da Biblioteca Forum ainda en vacacións seguimos coas lecturas. Despois de ler Tenemos que hablar de Kevin, El olvido que seremos e La extraña desaparición de Esme Lennox, obras xa reseñadas por outros compañeiros dos clubs de lectura, estamos inmersos no fenómeno indie da temporada Canciones de amor a quemarropa (Libros del Asterioide) de Nickolas Butler.

canciones de amorCanciones de amor a quemarropa é unha novela narrada en primeira persoa, coas voces alternas de cada un dos protagonistas: Henrio, Lee, Kip e Ronny ademais de Beth, a muller do primeiro e música country de fondo. Unha forma orixinal de saltar duns a outros, adiante e atrás, mostrando as diferentes visións que ten cada un deles.

Henrio, Lee, Kip e Ronny medraron xuntos no mesmo pobo de Wisconsin, Little Wing. Amigos dende nenos, as súas vidas comezaron de xeito similar, pero tomaron camiños distintos. Henry quedou no pobo e casou coa súa primeira noiva, mentres que o resto o abandonou en busca de algo máis: Ronny converteuse nun famoso vaqueiro de rodeo, Kip en exitoso axente de bolsa e Lee nunha estrela de rock de fama mundial.

 

Cada un deles en primeira persoa fala da súa vida, do seu traballo e das relacións cos que son os seus amigos da alma. A pesar dos anos transcorridos e da actividade profesional que lles levou a vivir experiencias moi distintas lonxe do seu pobo, manteñen máis ou menos a relación.Todos, ademais, cada un ao seu xeito, preocúpanse por Ronny e intentan axudarlle no que poden, especialmente Lee. Tras a voda de Kip virán a de Lee e a deRonny.

Trátase dunha novela coral que conta unha historia de amizade, con todo o que a amizade leva consigo cando os anos pasan e se espía nas súas fendas: lealdade, admiración, rivalidade, segredos, perdón… Pero tamén é unha historia de soidade e da necesidade de pertenza a unha comunidade, da busca das túas raíces, e de como -por moi lonxe que a vida che leve- sentes o pulo de buscar o teu camiño á casa. E é, ademais, case unha oda á natureza: desmedida, implacable, marabillosa aliada e inimiga inclemente; ao longo e ao largo da novela, os campos de sementeira, a neve infinita, os bosques… dan corpo a un personaxe con identidade propia.

En suma, Canciones de amor a quemarropa malia desenvolverse nun momento concreto, nun lugar concreto e cuns personaxes moi concretos, é tremendamente universal, e conta o que está a suceder en calquera instante, en calquera lugar e con calquera grupo de amigos. É unha historia sinxela pero emotiva e profunda que trata sobre as cousas que importan: o amor, a amizade e a lealdade, tamén sobre o poder da música e a beleza da natureza. Canciones de amor a quemarropa fálache de ti a ti das pequenas cousas da vida, que son ao final as grandes. A crítica di que se trata do fenómeno indie do ano, o éxito é tal que xa se fala da posibilidade de levala ao cine.

nickolasNickolas Butler naceu en Allentown, Pennsylvania, criouse en Eau Claire, Wisconsin. É licenciado pola Universidade de Wisconsin e polo taller de escritores da Universidade de Wisconsin. Traballou no departamento de mantemento de Burger King, de vendedor de cadelos quentes, nunha empresa de telemercadotecnia, nunha industria cárnica, nun torrador de café e de dependente nunha licorería.

Os seus textos apareceron en Narrative Magazine, Ploughshares, The Kenyon Review Online, The Christian Science Monitor e The Progressive, entre outras publicacións. Vive en Wisconsin coa súa muller e os seus dous fillos. Canciones de amor a quemarropa é a súa novela na que deixa tintes autobiográficos.

Recomendamos a consulta do catálogo das Bibliotecas Municipais para comprobar a dispoñibilidade desta e outras obras de Libros del Asteroide, editorial que nos seus 11 anos de vida logrou posicionarse como unha editorial independente de referencia en España.

Advertisements

Posted on 31 Marzo, 2015, in Club de los Lunes de Forum, Novela sobre a vida cotiá and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: