Cociñas na biblioteca de Ágora


Chega o xoves e temos unha cita co #CLXQ+, o novo club de lectura xuvenil na Biblioteca Ágora. Estamos lendo Kitchen, de Banana Yoshimoto, obra da que coñecimos as primeiras impresións na sesión anterior, animando á súa lectura ás novas incorporacións e tamén a quen non puido acudir.

Falando de cociñas no CLXQ+

Falando de cociñas no CLXQ+

Este intrigante relato fala da soidade, da perda, do amor,… fala da vida e de como Mikage e Yuichi chegan a atoparse e enfrontar xuntos as incertezas do porvir. Chama a atención de Laura unha afirmación de Mikage apenas no comezo da narración onde di “Só estamos a cociña e mais eu. Pero creo que é mellor que pensar que estou eu soa neste mundo”. Falamos pois da soidade e daquelas cousas que nos resultan reconfortantes neses intres de atoparse cun mesmo. Mikage reconfortábase observando o teito branco da cociña, ese lugar que lle facía sentir ben, e o que co tempo viu xurdir unha paixón ao carón dos fogóns.

No trascurso do relato escoitamos de novo a Mikage decir: ” Non había ninguén no mundo do meu mesmo sangue, e daquela podía ir a calquera lugar e facer calquera cousa. Era magnífico.” A nosa protagonista semella acaparar a nosa atención, mais a persoaxe de Eriko, a nai transexual de Yuichi, non pasa desapercibida. Ela é un grande apoio para os mozos, polo que a partir da súa perda terán que enfrontarse a uns sentimentos un tanto confusos. Será o destino? Será a soidade? Será o amor?

Ao son da música de Mamoko Kikuchi os nosos amigos van e veñen, sofren e acougan, ata atoparse de novo. Pero non foi ata unha noite na que dun arrebato Mikage comete unha desas loucuras que soamente se cometen cando se está namorado e declárase a Yuichi. Foi así como os protagonistas desta historia compartiron connosco as súas vivencias, coas que de seguro moitxs de nós nos sentimos identificadxs. Noelia di que en realidade é unha historia un pouco triste para seres de ficción, pero nada máis afastado da realidade, a tristeza tamén é unha emoción e a soidade un feito, cos que de cando en vez vémonos na obriga de lidar.

Así nos conta Iago a súa impresión sobre Kitchen despois da segunda sesión do CLXQ+, no que tamén aproveitamos para verfoto-la-vida-de-adele-12-629 algún dos video trailers que podedes atopar na rede sobre Kitchen e Banana Yoshimoto. Mais tamén compre decir que aproveitamos para comezar a repartir o seguinte libro que vamos ler no club, a ver se vos suxire algo a foto… Así que si queredes participar, lembrade que todavía vos podedes inscribir, tan só tedes que pulsar aquí e accederedes ao formulario!

Advertisements

Posted on 16 Xaneiro, 2015, in Club Ágora, Clubes de lectura and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: