O Romanticismo xa está aquí


Poderiamos facer unha adaptación do “Romance del prisionero”  e dicir: Que por xullo, era por xullo, cando chega  o calor , que á nosa cidade chega o Congreso de Literatura Romántica, un ano máis , e van tres!. Este Congreso que comenzou na cidade  , alá polo 2011, como un encontro literario, terminou convertíndose  nun congreso de literatura romántica , que reúne na nosa cidade o mellor desta materia no panorama  literario español.

A literatura romántica sempre estivo presente, que sería da historia da literatura sen Homero e Penelope (Oh!! la gran Circe), Helena de Troya e Paris,  e sempre se publicaron libros de temática  romántica  que normalmente estaban relegados ao xénero feminino, pero nos últimos tempos, e grazas a algúns títulos que non imos nomear, -todos sabemos de que estamos a falar-, todo apunta a que deixou atrás as convencións de xéneros e mercados que con sagas , contos e novelas cada vez máis subidas de  tono, tentan por igual , a homes, mulleres, avoas e adolescentes.

Miles de libros vendidos en todo  o mundo, lexións de fans que incluso se tatúan os nomes dos libros no pubis!… As lectoras da literatura romántica decididamente saíron do armario , e no fin de semana grande do orgullo , síntense orgullosas de ler literatura romántica e reúnense na Coruña no III Congreso de Literatura Romántica , de verdade que o vas perder??  Gertrudis Gomez de Avellaneda dixo:

“Siento demasiado para poder pensar mucho”       III Congreso

Non o penses máis e acode a Literatura romántica , nas  Bibliotecas Municipais da Coruña, tanto se eres de Megan Maxwell ou de Raine Miller ou romántica pura e “lo que te pone” é a Odisea, temos un libro para ti, achégate ao noso catalogo e atoparás todo o que precises, date unha volta polas nosas Bibliotecas e atoparás mostras tan románticas como a que temos na Biblioteca do Forum Metropolitano   Imagen 011 Imagen 015

E se a tí o que che gusta son as redes sociais visita a nosa mostra virtual no Pinterest das Bibliotecas Municipais da Coruña  , o dito esta fin de semana se Romántico con Maiúsculas !!!.

 

Advertisements

Posted on 4 Xullo, 2014, in Novela romántica, Xeral and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: