Libros, Imaxes, Curtametraxes


Cartel Taller de cortosAcabáronse as clases, o verán xa está aquí!! Desde a Biblioteca Infantil e Xuvenil pensamos nos/as mozos/as de ElClú, todo o verán sen vernos? Sen comentar lecturas?? Non pode ser, dixémonos, así que se nos ocorreu rodar unha curtametraxe, de e para ElClú. Por iso, porque é tempo de coñecer xente e facer novos amigos, convidámosvos a participar no taller “Libros, imaxes, curtametraxes” impartido por Xes Chapela, dentro do Programa: “Ler conta moito”

Coñeceremos os trucos para rodar unha curtametraxe, por exemplo: que é un storyboard? e un plano detalle? Ven e descúbreo. A sesión de preparación será o 2 de xullo, de 11 a 12.30h, e o taller realizarase en 4 sesións os días 4, 5, 11 e 12 de xullo, en horario de mañá de 11 a 12:30h.
Pasa pola Biblioteca Infantil e Xuvenil e inscríbete a partir do 25 de Xuño de maneira presencial en horario de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas ou se o prefires chámanos ao 981 184 388.

Mostra LeerCinePara ir facendo boca, podedes atopar na Biblioteca Infantil e Xuvenil unha mostra que recopila algúns deses libros, xunto coa película, que se levaron ó cine: “3,2,1,… LeerCine”. Pódes atopar estes e outros moitos no catálogo das Bibliotecas Municipais.

Advertisements

Posted on 23 Xuño, 2014, in Actividades do club, ElClú and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: