A praia dos afogados de Domingo Villar


No club de lectura “Café con libros” dos luns, cambiamos de rexistro, despois de ler Almas grises e El curioso incidente del perro a medianoche nas últimas semanas, mergullámonos no universo de Domingo Villar, coa sua segunda novela A praia dos afogados da man do inspector Leo Caldas.

A obra #recomendamosbmc

Trátase dunha historia de intriga que nos introduce no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

A novela parte dun descubrimento estremecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis.

Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

Fai tempo anunciábase a adaptación ao cine de A praia dos afogados. E parece que é xunto agora cando comezou a rodaxe! Se ata os políticos recomendan esta estupenda novela negra… ;O)

O autor

domingoDomingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006, 6ª edición no 2009), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.

Actualmente está traballando na súa terceira novela, que escribe en galego e traduce ao mesmo tempo ao castelán. O éxito acadado coa súa obra, consideradas bestsellers, permitiulle dedicarse en exclusiva á escrita e promoción das súas novelas.

Se queredes coñecer e levar en préstamo a obra de Domingo Villar, podedes consultar no Catálogo das Bibliotecas Municipais a dispoñibilidade dos materiais.

Pero nesta Semana Santa, no só acabamos de ler A praia dos afogados, senón que nos atrevemos tamén co noso primeiro cómic: Los combates cotidianos, de Manu Larcenet e continuamos coa obra de Philippe Claudel, neste caso con La nieta del señor Linh.

A nosa próxima lectura será La cena, de Herman Koch. Un libro que vai dar que falar…

Advertisements

Posted on 22 Abril, 2014, in Club Os Rosales, Libros lidos, Novela intriga y misterio and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: