Presentación do libro “Historias desde el geriátrico”, de Manuel Jacobo González Outes


Este venres 28 de marzo ás 19:30 horas terá lugar na Biblioteca Municipal Forum a presentación da novela“Historias desde el geriátrico”, de Manuel Jacobo González Outes.CartelHistoriasgeriatricoOK

“Historias desde el geriátrico” está editada por Atlantis. A obra está composta por ducias e ducias de historias curtas, divertidas, inconexas e esperpénticas cuxo único fío condutor é un vello ferroviario xubilado da renfe en Monforte e natural da Costa Morte, que acaba de ingresar nun xeriátrico e que di aos seus compañeiros de asilo que dende que se xubilou el adícase a ser “Contador de historias” que acumulou ao longo dos anos. Contalle así tódolos días aos seus compañeiros de asilo unhas cantas historias que forman cada capítulo da obra (cada capítulo é un día do protagonista no xeriátrico) e ao mesmo tempo narra a historia das reflexións do xubilado ao que lle acaba de morrer a muller e separano do seu neto ao que queria legar as historias que sabe.

A novela pretende ser amena e divertida ao tempo que quere denunciar que se aparte á xente maior para dar paso ao relevo xeracional cando en moitos casos deberiamos aprender unha chea de cousas dos nosos maiores, posto que viviron cousas das que non temos nin idea.

manuel jacobo Manuel Jacobo Outes naceu en Caldebarcos (Carnota) o 27 de febreiro de 1969, onde viviu coa súa avoa e as súas tías até os cinco anos, cando os seus pais, que volveran da emigración en Inglaterra, marchan a vivir á cidade da Coruña, onde reside desde entón. Formouse sobre todo en actividades dirixidas a profesións técnicas, aínda que non deixou nunca de fomentar os seus coñecementos sobre todo o relacionado coa Historia, Literatura ou coa Arte en xeral, do que se considera un autodidacta.

No ano 2000 tivo un grave accidente que lle impediu volver traballar na súa profesión, dedicándose na actualidade por completo a súa vocación de escritor. Na Coruña é coñecido nesta faceta pola súa colaboración en distintos periódicos con artigos de diversos temas profesionais e algúns relatos literarios. Posúe a rebeldía propia que caracteriza a súa condición perfeccionista, sensible e revolucionaria, procurando incluír nas súas obras estilos que leven ao lector e lectora a atopar amenidade, cultura, humor e romanticismo.

Aínda que prolífico autor de diversas obras de distintos xéneros literarios, Diario dunha noiteboa é a súa primeira obra publicada e podes atopala nas nosas Bibliotecas Municipais.

 

Así que se queres saber máis do autor e da súa obra achégate á Biblioteca Forum Metropolitano. Lembra que a cita é este venres 28 de marzo ás 19:30, agardámoste!

 

Advertisements

Posted on 26 Marzo, 2014, in A biblioteca recomenda, Escritores, Novas, Xeral and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: