Parque Muerte de Fernando Lalana


El Clú” volveu, e con él chegaron compañeiros novos aos que lles damos a benvida, e para coñecernos un pouco máis volvémonos a preguntar o de “É ti que les?”, e aquí tedes as nosas recomendacións:

No catálogo das Biblitoecas Municipais podedes consultar a súa dispoñiblidade.

Empezamos esta nova etapa cunha lectura divertida e irónica a pesar de que a temática central é a morte, algo cotidiano e inevitable, pero ao mesmo tempo un tema delicado de tratar. Falamos de Parque Muerte de Fernando Lalana, novela coa que gañou o XX Premio de Literatura Infantil EDEBÉ e que nos  #recomendamosbmc.

O libro Parque Muerte

A multinacional armamentística española PISPROSA decide crear o seu propio parque temático dedicado á morte. O éxito é absoluto. Pero ao cumprirse un ano da súa posta en marcha, comezan a suceder en Parque Morte uns terribles e inexplicables acontecementos.

Na última sesión podemos comentar a primeira parte desta novela, de ton lixeiro, con momentos divertidos, que formula unha historia orixinal en torno a un parque de atraccións. Fernando Lalana, emprega un ton irónico ao longo da novela, empregando moi ben o dobre sentido tanto nos nomes dos personaxes, coma así tamén, o uso das expresións cotiás relacionadas coa morte, armas,…

O vindeiro xoves reunirémonos de novo para coñecer o desenlace da nosa primeira lectura e poñer en común as nosas impresións e conclusións entorno os acontecementos misteriosos que acontecen no Parque Morte.

Adiantámosvos que o xoves 13 de marzo, en “ElClú” teremos connosco á coruñesa Isabel Pérez, baixo o pseudónimo de Bella Ficus, que con 15 anos publicou a novela Ágata azul. Bella Ficus falaranos do seu libro e sobre o certame de NaNoWriMo2013 do que foi gañadora; ao igual que dos seus futuros proxectos.

Podedes seguirnos en Facebook  e  en Twitter, co noso hashtag #CLÚxuvenil, e ver as fotos das sesiones no Flickr.

marcapaginas CLU calendario

Advertisements

Posted on 24 Febreiro, 2014, in ElClú, Libros lidos, Xeral and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: