Libros en Directo: encontro con Agustín Fernández Mallo


Este xoves, 30 de xaneiro ponse en marcha un novo ciclo de Libros en Directo. Tralas visitas de autores como Luis GoytisoloAlejandro Gándara e Javier Sierra neste novo comenzo de ano o ciclo de encontros con autores  contará na súa primeira visita co escritor Agustín Fernandéz Mallo que estará acompañado tamén polo coruñés Manuel Rivas.

O ciclo continuará no escenario habitual, o auditorio do Centro Ágora ás 20.30 horas. No vindeiro mes sumaranse a estos encontros con autor os escritores, Eduardo Punset, Valeire Tasso e Eloy Tizón

LIBROS EN DIRECTO SEGUNDO CICLONesta cita do vindeiro xoves, Agustín Fernández Mallo presentará a súa última novela Limbo.

Agustín Fernández Mallo (A Coruña, 1967) é físico e escritor afincado en Palma de Mallorca. É un dos membros máis destacados da chamada Xeración Nocilla, Xeración Mutante ou Afterpop, denominación máis popular procede do título dunha serie das súas novelas.

Limbo LIMBO AGUSTIN FERNADEZ MALLO

Esta última novela de Fernández Mallo, tan só leva excasamente unha semana nas librerías.

Unha muller relata, cunha frialdade abraiante e atendendo a detalles inéditos, o secuestro ao que foi sometida en México DF. Unha parella atravesa Estados Unidos en coche á busca dun quimérico e remoto Son do Fin. Dous músicos encérranse nun château do norte de Francia para compoñer e gravar a súa obra definitiva. Estes son os protagonistas do Limbo de Agustín Fernández Mallo.

Atopamos tres historias que se van entrelazando a medida que leemos.  Aventura, amor, morte, supervivencia, medo, a idea do clon e as duplicidades son algúns dos temas que, según sabemos por parte de súa editorial, Alfaguara, abórdanse neste puzle armado con pezas extraídas de diferentes caixas.

No estoy segura de que él estuviera dispuesto a bajar a las profundidades a las que hay que bajar para mirar a los ojos a una secuestrada y ver la clase de monstruo allí depositado. A veces he pensado que debe de ser similar a contemplar los ojos de un animal disecado que de pronto hubiera regresado a la vida

Os Nosos Club de Lectura

Os nosos clubs de lectura  acudirán  ó encontro de estrea e terán a oportunidade de interacturar co autor. Os integrandes dos clubes tiveron a oportunidade de disfrutar e analizar algunhas das súas obras, entre as que ocupa un lugar destacado Proyecto Nocilla .

Nas nosas Bibliotecas Municipais contamos coas seguintes obras de Agustín Fernández Mallo:

proyecto-nocilla_560x280

– El hacedor (de Borges)
– Nocilla dream
– Postpoesía : hacia un nuevo paradigma
–  Yo siempre regreso a los pezones y al punto 7 del tractat

    

Recordámosvos que nas nosas Biblioteca Municipais podedes atopar as obras deste autores. Para comprobar a disponibilidade consulta a noso catálogo.

catalogo

Advertisements

Posted on 30 Xaneiro, 2014, in A biblioteca recomenda, Actividades do club, Clubes de lectura and tagged , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: