Obradoiro de escritura creativa impartido por Francisco Castro


Se tes entre 12 e 16 anos e che gusta escribir, os días 11 e 18 de novembro ás 19:30 h. tes unha cita na Biblioteca do Forum Metropolitano con Francisco Castro, que impartirá un obradoiro gratuito de iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir.

Francisco_Castro

Concibido desde unha perspectiva lúdica e moi participativa, os asistentes teredes a oportunidade de plasmar sobre o papel todo o que caiba na vosa imaxinación, literaturizar vosa vida, xogar a crear mundos coas palabras, escribir poemas, relatos e contos a partir de actividades sorprendentes. En definitiva, a gozar da experiencia literaria e da creación escrita porque desde o minuto uno do obradoiro escribiredes literatura.

Francisco Castro proporcionaravos actividades que actuarán como catalizadores da creatividade. Despois, sobre os resultados obtidos (os poemas, os relatos, a descrición dos personaxes, a literaturización dalgún aspecto da realidade), será o momento de teorizar e mostrar como grandes autores e autoras da literatura universal construían o seu universo de ficción.

O Obradoiro é eminentemente práctico e participativo e ten como obxectivo escribir e gozar do feito de crear literatura, así como aprender as técnicas básicas da creación literaria.

Non o penses máis e incríbete! Tes ata o 5 de novembro para apuntarte. Pásate pola Biblioteca Forum, chámanos ao Teléfono 981184298 ou envía un correo electrónico a bforum@coruna.es indicando os teus datos.

Francisco_Castro

Francisco Castro (Vigo, 1966) é escritor, profesor, bloguero e coordinador de Novos Proxectos na editorial Galaxia. Leva moitos anos traballando no campo da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural, e foi un dos primeiros autores en promover o uso de Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural desde o seu concorrido blog: A canción do naúfrago.

A súa carreira como escritor comezou en 1991 coa publicación de “Amor de cinema”, ao que lle seguiron “Play-Back” (Premio Lueiro Rei de Novela Curta, 1997), o libro de relatos eróticos “Xeografías” (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), os relatos da canción do náufrago, ambos de 2001, e a novela histórica “Memorial do infortunio”. En 2004 publicou “Xeración perdida”, novela coa que introduce ao lector no mundo das drogas. Recibiu en 2006 o Premio Branco Amor de novela longa con “Spam”. Como articulista, recibiu o Manuel Reimóndez Portela polos seus traballos de animación á lectura. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros co texto titulado “As palabras dá néboa”, do que o xurado destacou “un discurso narrativo orixinal cunha proposta nova de novela histórica”.

Advertisements

Posted on 20 Outubro, 2013, in A biblioteca recomenda, Escritores, Novas and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: