Grupos de lectura fácil, na Biblioteca Municipal Ágora


Na Biblioteca Municipal Ágora imos poñer en marcha a través do programa de voluntariado dous grupos de Lectura Fácil. A idea é reunirse semanalmente para a lectura e análise de textos diversos que propicien unha progresiva mellora da comprensión lectora das persoas con dificultades de acceso á lectura.

Os contidos a traballar nas sesións serán tanto textos literarios como informativos ou ensaísticos sinxelos, de forma que se posibilite a perda do medo á hora de acceder a diferentes tipos de textos

A actividade dará comezo o 7 de outubro e os horarios de cada un dos grupos será o que segue:

  • Quenda de mañá: martes e xoves de 11.00 a 12.00.
  • Quenda de tarde: martes e xoves de 17.00 a 18.00.

Lectura Fácil

O programa de Lectura Fácil está especialmente pensado para aquelas persoas que na súa infancia non puideron estudar moito ou teñen problemas de comprensión lectora. Así que se desexas entender mellor todo tipo de textos este é o teu taller. O prazo de inscrición está xa aberto e para anotarse só cómpre pasar pola Biblioteca Municipal Ágora.

Advertisements

About nmartinezrey

Bibliotecaria fascinada polo social media, a comunicación 2.0 e o coaching. Cada día é unha nova oportunidade de aprender algo máis ;-)

Posted on 26 Setembro, 2013, in Novas and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Marcelino Fernández

    Loable iniciativa. Unha cousa: “imos poñer”, sobra a preposición

  2. eata muy ben ,que poñades unha cusa sbrea preposicion grazas victoria

  3. Moitas grazas pola corrección Marcelino, tomamos nota e xa modificamos o post. Agradecemos enormemente o teu interese, un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: