Día Mundial do Alzheimer 2013


O 21 de setembro é o Día Internacional do Alzheimer, unha doenza dexenerativa que afecta a máis de 3.5 millóns de persoas en España entre os que a padecen directamente e os seus familiares e coidadores, segundo datos da Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias (CEAFA).

Nesta data, elixida porla Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Alzheimer, preténdese dar a coñecer a enfermidade e difundir información ao respecto, solicitando o apoio e a solidariedade da poboación en xeral, de institucións e de organismos oficiais. A nivel nacional, a CEAFA decidiu promocionar este día tan importante co lema “Alzheimer. Cuestión de Estado“.

Día Internacional Alzheimer

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña temos unha ampla variedade de recursos sobre o Alzheimer, que podedes consultar e levar en préstamo. Dende aquí, reseñamos unha pequena selección de libros de narrativa e cómic, libros de materias e material audiovisual, tanto películas que abordan o tema como documentais.

Narrativa e cómic

Collazos, Óscar. En la laguna más profunda. Madrid: Siruela, 2011.

Ibrahim, Ghaleb Jaber. Regalo de memoria. Santiago de Compostela: Teófilo, 2011.

Laso Lorenzo, Rafael. Memoria contra Alzheimer. Vigo: Xerais, 2008.

Roca, Paco. Arrugas. Bilbao: Astiberri, 2007.

Rodríguez Pérez, Remedios. Madre de mi madre por el Alzheimer. Madrid: Edición Personal, 2004.

Narrativa_Alzheimer

Libros de non ficción

Acarín Tusell, Nolasc. Alzheimer: manual de instrucciones. Barcelona: RBA, 2010.

Boada i Rovira, Mercè. Alzheimer: vivir cuando dos y dos ya no son cuatro. Barcelona: Oxigen Viena, 2008.

Lokvig, Jytte. El alzheimer de la A a la Z: todo lo que necesita saber sobre el Alzheimer. Barcelona: Oniro, 2006.

Martínez, Ana. El Alzheimer. Madrid : Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2009.

Peyronnet, Mireille. Prevenir el alzheimer: cómo prevenir y tratar la enfermedad. Barcelona: Editorial Hispano Europea, 2011.

Zeisel, John. Todavía estoy aquí: una nueva filosofía para el cuidado de las personas con Alzheimer. Madrid: Edaf, 2011.

Libros non ficción Alzheimer

Películas e documentais

Amanecer de un sueño / Dirixida por Freddy Mas Franqueza. Barcelona: Savor, 2011.

Arrugas / Dirixida por Ignacio Ferreras. Barcelona: Cameo, 2012.

Bicicleta, cuchara, manzana / Dirixida por Carles Bosch. Barcelona: Cromosoma, 2011.

Bucarest: la memoria perdida / Dirixido por Albert Solé. Barcelona: Cameo, 2008.

Cuidadores / Dirixido por Oskar Tejedor. [S.l.] : Moztu Filmak, 2010.

Material audiovisual Alzheimer

Por último, lembrar que na cidade da Coruña, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias Afíns da Coruña (AFACO) organiza varias actividades encamiñadas a sensibilizar á sociedade sobre esta doenza. A programación de AFACO pódese consultar en Actividades Día Mundial Alzheimer.

 

About nmartinezrey

Bibliotecaria fascinada polo social media, a comunicación 2.0 e o coaching. Cada día é unha nova oportunidade de aprender algo máis ;-)

Posted on 20 Setembro, 2013, in A biblioteca recomenda, Novas and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: