Biblioteca(thlon)


Na marabillosa tarde de onte, soleada e calurosa, fun a unha coñecida tenda onde venden artigos, roupa e calzado deportivos. A curiosidade que vos quero contar xurde cando me dispoño a pagar, momento no que vexo uns carteis que me fan recordar os resultados da enquisa de valoración que distribuímos vía mail nos primeiros meses de 2013 entre usuarios das nosas bibliotecas.

Encontraches o que buscabas? Se non é así mándanos un mail a xxxx@xxx

Claramente, a superficie comercial busca e potencia a interacción cos clientes para obter o feedback que xenera a transmisión do coñecemento (ata o de agora nas mans dos clientes). Se a empresa non coñece as necesidades e opinións destes, dificilmente poderá mellorar e/ou cubrir as expectativas das persoas que se desprazan ata alí coa intención de adquirir algún artigo novo. E o que é peor, quizá non consiga nin que se despracen.

Como vos dixen, non puiden evitar levar isto ao meu terreo profesional e pensar que nas nosas bibliotecas ben poderiamos facer o mesmo: colocar uns carteliños similares, na saída dos recintos ou nos propios mostradores, para saber de primeira man se todo aquel que entra nas nosas instalacións atopa aquilo que está buscando.

E poderiamos tamén incluír un código QR desde o que enlazar o formulario de suxerencia de compra (dispoñible na nosa páxina web e nos mostradores en formato papel) para que calquera persoa desde o seu smartphone poida acceder e cubrilo no mesmo instante en que sae da biblioteca e mentres camiña cara o bus, o súper, o ximnasio…

O texto do cartel podería ser algo así:

Se queres que a biblioteca consiga algún libro, vídeo, disco ou calquera outro material que che interese e que non haxa en ningunha das 8 bibliotecas, cubre este formulario e intentaremos adquirilo para que poidas gozar del o antes posible.

Seguro que así recibiríamos máis suxerencias online que as 207 recibidas durante o ano 2012; e mataríamos ademais 2 paxaros dun só tiro ao darlle máis visibilidade a un servizo que resultou ser pouco coñecido entre os usuarios que cubriron a enquisa que vos mencionei.

a coruña a cidade que leE vós, coñecíades este servizo? Ou é a primeira vez que oídes falar del? Quizá en breve poidamos cambiar o lema e dicir:

A Coruña, a cidade que le e suxire lecturas

Advertisements

Posted on 22 Agosto, 2013, in A biblioteca recomenda, Novas and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Paréceme moi boa idea. Eu coñecía o servizo, pero o do código para os móbiles é un recurso ben interesante. Grazas por seguir mellorando.

  2. Si, Luisa. Os códigos QR abren unhas posibilidades enormes para convertir en audiovisual, por exemplo, un libro enlazando ao tráiler se foi unha historia que se levou ao cine.Ou introducíndoo nun cartel dun concerto con vídeos do grupo ou artista 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: