Como unha novela, un antimanual de literatura


Publicada en 1993, Como unha novela é unha obra de Daniel Pennac, na que o autor reflexiona sobre a lectura, ou mellor dito, sobre as causas polas que os adolescentes deixan de ler nun determinado momento. “En realidade, non é un libro de reflexión sobre a lectura -di o autor-, senón unha tentativa de reconciliación co libro”. A idea é que se perda o medo a ler e se deixe de lado a imposición lectora, porque “o verbo ler non tolera o imperativo”.

daniel pennac

Daniel Pennac, seudónimo de Daniel Pennacchioni, é un escritor francés nado en Marrocos en 1944. Iniciou a súa actividade literaria con libros para nenos e adquiriu gran popularidade coas novelas da saga sobre a la familia Malaussène. En 2007 recibiu o Premio Renaudot, pola súa obra Mal de escola.

En Como unha novela Pennac cuestiónase o motivo polo que moitos mozos non len e contrapóñeo co sentimento das xeneracións anteriores, ás que lle prohibían moitas lecturas; para eles, ler era un acto subversivo: “Ao descubrimento da novela añadíase a excitación da desobedencia”.

Este antimanual de literatura conclúe cun decálogo, non dos deberes, senón dos dereitos imprescindibles do lector, que tantas voltas dan por internet grazas ao ilustrador Quentin Blake.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podes atopar moitas obras de Daniel Pennac: Como unha novela, a saga Malaussène, se gustas da novela negra, Señores niños ou Mal de escola.

Porque como di Pennac: “O home constrúe casas porque está vivo, mais escribe libros porque se sabe mortal. Vive en grupo porque é gregario, pero le porque se sabe so”.

Advertisements

Posted on 31 Xullo, 2013, in A biblioteca recomenda, Escritores and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: