Os clubs de lectura e a diversidade


Son moitas as persoas que participan nos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais, moitas e con moi diversos intereses. E precisamente por esa diversidade, a experiencia resulta enriquecedora e satisfactoria. Intercambio de opinións, vivencias, puntos de vista en torno ás vidas ficticias de personaxes que salen do papel e viven fora da ficción, e que no fondo son reflexos ficcionais de personaxes que, en maior ou menor medida, crúzanse nas nosas vidas no día a día.

 F4-CVRKitchen

E a diversidade é tamén o motivo deste post. Celebrar a diversidade afectivo-sexual por medio dunha convocatoria especial para as persoas que participan nos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña e con motivo das actividades relacionadas co día 28 de Xuño, a celebración do día do orgullo LGTBQ no que se conmemoran as revolta de Stonewall no 1969 en Nova York e que se convertiu en data clave da loita pola visibilidade das sexualidades diversas.

Dende as Bibliotecas Municipais queremos invitarvos a participar dunha sesión especial do Club de lectura no que saborearemos a narrativa de Banana Yoshimoto co libro Kitchen e a súa contrucción de personaxes diversos, historias cotiás e trasfondo universal. Así que se xa participas dalgún dos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais e queres aproveitar a coñecer ao resto de participantes doutras biblitecas, esperámoste o martes 2 de Xullo ás 19h. na Bibioteca de Ágora para facer unha posta en común arredor da obra desta xaponesa.

Podes apuntarte chamando ao 981189886. As plazas son limitadas!

Advertisements

Posted on 25 Xuño, 2013, in A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club Ágora, Club Castrillón, Club de los Lunes de Forum, Club Fórum mañás, Club Forum tardes, Club Monte Alto, Club Os Rosales, Clubes de lectura, Efemérides and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Asistí a la puesta en común del libro celebrada ayer, martes 2, en Agora. Fue un buen momento por la diversidad de gente que allí nos encontrabamos y por la diversidad también de ideas y apreciaciones que la lectura el libro provocó en los que lo leímos. Es normal que así sea y enriquecedor que ocurra. Animo a las bibliotecas a hacer este tipo de encuentros cada cierto tiempo. Como idea sugiero que puede hacer una vez en Navidades y otra en el mes de Julio cuando todos los clubes ya han terminado el curso.
    El libro me gustó sin más.

  1. Pingback: Historia de una maestra de Josefina Aldecoa | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña

  2. Pingback: Porque #asMunicipaisEntenden | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: