Guerra de Identidade de Déborah Vukusic


Onte, na Biblioteca de Ágora, dentro da programación de Ráfagas (proxecto transversal e multidisciplinar a caron da exposición de Gervasio Sanchez, Sarajevo, guerra y paz) tivemos a sorte de contar coa presencia de Déborah Vukusic, metade galega e metade croata, que escribe no 2008 “Guerra de identidade“, poemario no que retrata ao mesmo tempo o desmembramento da antigua Iugoslavia e o da súa familia.

Programa ráfagas

A poesía de Déborah Vukusic é un exorcismo persoal, un axuste de contas consigo mesma e co seu pasado. A súa Guerra de Identidade  é fundamentalmente unha guerra persoal, a da moza que descobre o papel do seu pai no conflito armado que destruíu o seu territorio da infancia, a da filla que cuspe a raiba que leva dentro e di ao pai á cara: “es un asasino”. Podería ter sido en calquera parte do mundo, mais foi nos Balcáns. O pai, croata, ex xogador de balonman en varios equipos galegos; a nai, galega. E ela, Déborah, unha adolescente que enfronta os conflitos da súa idade, acrescentados por unha situación excepcional: a vivencia do horror.

Se ler os seus textos supón ollarmos, arrepiados, unha vida marcada pola violencia e aberta en canal, o seu recital de onte na Biblitoteca Ágora foi un exercicio de nudez, de tensión e de emoción, capaz de sumir aos asistentes nun silencio intenso e roto, marcado pola fereza, polas imaxes e polas feridas das palabras de Déborah. A autora recitou os textos centrais das dúas primeiras partes da súa Guerra de Identidade e foi mostrando, despois ,diferentes imaxes da súa última viaxe a Zagreb, da súa familia alí e das paisaxes urbanas daquel país, a partir das cais convidou ás e aos asistentes a titular cada unha delas nunha procura da esencia e das metáforas que cada fotografía encerraba.

Un debate final de media hora coas persoas asistentes, moi participativas en todo momento, sobre a súa poesía e sobre as causas sociopolíticas do conflito dos Balcáns pechou o acto. Se queredes saber mais de Vukusic podedes ler algunha das entrevistas que atopamos na rede.

Deborah Vukusic lendo os seus poemas

ACTUALIZACIÓN 20/11/2012:

Xa podedes escoitar o audio da intervención de Deborah Vukusic na Biblioteca do Ágora:

Advertisements

About xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Posted on 16 Novembro, 2012, in Escritores, Novas and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: