84, Charing Cross Road


Primeiro, hai que diferenciar entre o que sería literatura epistolar -algo con vontade literaria, un único autor que asume dous papeis, unha ficción ou unha realidade ficcionada- e logo o conxunto de cartas con valor literario.

Despois, se a este valor literario se lle engade o valor bibliófilo, ese retrato da paixón polos libros, pola súa beleza, o afán de posuilos, de disfrutar do seu interior tanto como da súa apariencia…Engadimos, ademais, o compoñente histórico, ou como entre as liñas da correspondencia axuntada se pode ver ao trasluz unha época, unha sucesión de esceas vitais, de seres latexantes, que están a vivir en directo un momento e un lugar…

Xuntándoo todo temos o valor específico e crucial dunha obra como 84, Charing Cross Road.

O nome desta rúa de Londres lévanos a un punto determinado, as librarías ateigadas de volumes novos e de vello, de preciosas edicións rescatadas de riquísimas bibliotecas esfareladas pola cobiza, pola ignorancia ou pola morte e, de como o amor polos libros da autora, Helene Hanff (Filadelfia, 1916) é o punto de partida para este libro tan especial.

Desexosa de conquerir novas lecturas, Helenne Hanff ponse en contacto cos libreiros de Marks & Co, a libraría situada no número 84 da Rúa Charing Cross. Frank Doel, o empregada que se encargará de servirlle con pulcritude cada un dos seus pedidos, Frank Doel, será o seu compañeiro neste entrecruzamento epistolar no que trasluce a obsesión polos libros, por escribir, por posuir a esencia das máis diferentes obras literarias e, ao mesmo tempo, a correspondencia humana na que aboia a necesidade, a separación de dous mundos en postguerra.

As voces que van xurdindo como un corifeo arredor das figuras de Helene e Frank dan relevo e veracidade á historia, polo que se humaniza até o extremo de estenderse no tempo durante 20 anos de axuda, de comprensión mutua de dous mundos afastados máis que físicamente, no que a contención do tratamento mercantil das primeiras cartas dá paso á amizade e a familiaridade adquirida a base do humor beningno e a solidaridade de Hanff, así como a profesionalidade e o gusto polos libros da Doel.

Un libro para disfrutar se sabemos ler entre liñas, ir máis aló do texto e preguntármonos o que hai detrás de cada personaxe, deixando de sentírmonos como miróns para sentirnos espectadores dunha partida de xadrez en moitas ocasións, dun pulso intelectual noutras e dun diálogo esperanzador, humano, sempre.

Isabel Coixet levou ao teatro a historia de Helene e Frank, mentres que no cine os seus papeis foron interpretados por Anne Bancroft e Anthony Hopkins.

Advertisements

Posted on 28 Maio, 2012, in Club Monte Alto, Libros lidos, Obras and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: