Peter Pan


É un grande desafío recomendar un libro para ler; máis aínda se o libro é infantil e aínda moito máis se este libro infantil llo recomendas a un adulto. Ábrense os prexuízos, péchase, en moitas ocasións, esa comprensión  e curiosidade cara a todo o que se le e, moi pasada a idade daquelas lecturas, damos en pensar que xa rebasamos certos títulos e certos autores.

Pero non hai nada comparado á delicia de volver atrás, de volverse sentir como no intre en que te sorprenderon os piratas ou o inimigo, en que os indios atacaron e alguén nos mandou apagar a luz e a presa e a ansia non nos deixaba aturar até o momento do reencontro co libro. Así liamos na infancia os que eramos lectores e, o curioso está en ver cómo lemos eses mesmos libros desde os nosos anos. Se recollemos máis do que aquela vez en que abrimos o libro por primeira vez, ou menos, porque a perda da inocencia e do misterio van seguidos da experiencia. Ou se a sorpresa e a nostalxia nos devolverán aos dez, aos catorce, aos oito anos, cando nos sentabamos con outras posturas, necesidades e pretensións ao ler.

Escollimos Peter Pan por dous motivos: a nostalxia e a homenaxe, pero os dous quedan fundidos nesta última. Último libro lido do ano pasado, celebrábanse os 100 anos da publicación de Peter Pan & Wendy, a excusa perfecta para volver soñar e para comprender e, grazas á temática dos nenos perdidos, dos que non queren nin poden medrar, ver até que punto podiamos nós decrecer até o punto de querer ser un Peter, un Curly, un John ou Michael ou Wendy máis.

Disney fíxonos tanto ben como mal xogando coas historias e cos nosos prexuízos, por iso Peter Pan é coñecido por voar, por non querer medrar, por ter unha panda de nenos que se perderon das súas casas e xuntárense cos recén chegados irmáns Darling –Wendy, John e Michael, para loitar contras os piratas capitaneados polo cruel –aínda que educado en Eton- Capitán Garfio.

Pero Peter Pan nacera anos antes da man do seu autor, nos Xardíns de Kensington, onde adoitaba pasear cos fillos duns coñecidos aos que amansaba con historias que, aínda hoxe perviven na xeografía inglesa. Nos propios xardíns de Kensington hai unha estatua de Peter que conmemora as historia de J. M. Barrie, e fai lembrar aos nenos coñecedores destas historias, que os cativos ás veces poden perderse na inmensidade dos xardíns, que hai nenos que non dan volto ás súas casas e quedan a vivir cos paxaros e coas fadas, que Peter é un deses nenos que é medio paxaro e medio humano e que, xa que non pode voltar á súa familia debe vivir no país de Nunca Xamais, onde non medrará, onde non irromperán as desgrazas do mundo adulto.>

En Peter Pan & Wendy, a historia popularizada, entre outros, por Disney, adentrémonos en nunca xamais, onde os nenos perdidos precisan dunha nai que os manteña a seguro, quentes, unidos e alimentados de comida e de historias.

Handmade oil painting reproduction of Peter Pan on a Branch, scene from Peter Pan in Kensington Gardens by J.M Barrie, 1912, a painting by Arthur Rackham.

Mesturando as crenzas feéricas do folklore británico a través de historias de raizame oral como a dos nenos roubados polas fadas e das nais secuestradas para aleitalos e, por outra banda as habituais noticias sobre nenos desaparecidos ou roubados, Barrie escribiu dúas historias crueis pero fermosas sobre a metáfora de perderse, as imaxes da perda da inocencia coa chegada dos anos e da perda dos valores primixenios do mundo dos adultos. Da negativa a medrar e do que supón o perder o poder de sorprenderse, de que todo ula a novo e a aventura.

Tradúcese en nós, lectores, esta metáfora da perda. A oler este libro, descubrímonos como nenos perdidos ou demos chegado a nunca xamais, o país que nunca desaparece pero ao que non daremos volto se desaparece a chave da imaxinación?

Advertisements

Posted on 23 Xaneiro, 2012, in Club Monte Alto, Libros lidos, Obras. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: