Á memoria de Isaac Díaz Pardo


Hoxe deuxounos o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, o “home máis querido de Galicia”, según o definira o escritor Manolo Rivas.

Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña queremos render o noso agarimoso o homenaxe á figura de Isaac Díaz Pardo. Así dende hoxe a Biblioteca do Forum Metropolitano alberga unha escolma bibliográfica da figura do ilustre galeguista.

Díaz Pardo naceu un 22 de agosto en Compostela en 120 e a súa educación estivo marcada polo contacto con destacados intelectuales galeguistas do momento como Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, e Vicente Risco.

Estudou Belas Artes en Madrid e foi profesor en Barcelona. Tras un truncado intento de ser arquitecto, decideu adedicarse á pintura. Tras uns anos dedicado a esta actividade Díaz Pardo emigrou a Bos Aires onde pasou trece anos. Alí estivo en contacto con outro galeguista Luis Seoane.

Da súa estancia en Sudamérica e gracias ó contacto que mantivo con este autor surxeu o Laboratorio de Formas, matriz do que máis tarde se convertitiría no Grupo Sargadelos
Participou dende 1936 activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.

Durante a súa ampla traxectoria  recibeu numerosas distincións e recoñecementos como a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da ciudade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Diputacións Provinciales (1990), Insignia de Ouro (1991) e Doctor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Plata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995) e en 2009 la Medalla de Ouro ó Mérito nas Bellas Artes de España.

Advertisements

Posted on 5 Xaneiro, 2012, in Efemérides, Escritores, Novas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: