Mentres agonizo


Estabamos avisados de que este era un libro esixente, que practicamente todas as novelas de Faulkner tratan de facer un pacto co lector; se chegas pacientemente á derradeira páxina a recompensa será incalculable, e parte dos lectores resisten a dureza dos ambientes, a crueza dos personaxes, a tosquedade dos tipos, o seco arredor, para chegar a esa captura mística que é un final faulkneriano. Como agardar durante días que unha flor se abra para un único segundo, un labor de saber agardar.

Mentres agonizo é, na súa lectura, un mentres descubro, un mentres acompaño á defunta nai da familia Bundren, dentro dunha caixa feita polas mans do fillo maior e na busca da promesa feita: soterrarse na súa cidade natal, a días de viaxe en carro, en peregrinaxe familiar.

A promesa do esposo convértese nunha sorte de viaxe iniciático de cada un dos membros da familia, na que a propia voz da defunta vai sobresaíndo para xulgar as actitudes dos seres queridos e tamén expiar unha culpa lonxana. Cada un dos fillos que, como unha estadea acompañando o cadaleito, agocha embaixo da promesa á nai morta, un dobre propósito que os anima egoístamente a avanzar, a pesar dos obstáculos de  dez días de viaxe tras dun temporal, ríos que desbordaron o cauce, hospitalidade hipócrita, os avutres seguindo a comitiva, dores físicas e morais.

A conciencia da finada Addie Bundren acouga, mais cada un dos membros da súa familia ten algo que soterrar no escuro do seu cavorco e unha gralla moral que expiar durante o sinistro viacrucis.

Advertisements

Posted on 5 Decembro, 2011, in Club Monte Alto, Libros lidos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: