O que non te mata faite máis forte


Dicía tal, Nietzsche. E pódese concluir en tal, tamén, trala lectura de La ciudad y los perros. A experiencia persoal de Vargas Llosa (Arequipa-Perú, 1936) na escola militar Leoncio Prado na década dos cincuenta, tradúcese nunha serie de personaxes que encarnan todas as posibles versións nas que se parte un ser humano sometido á crueldade, á disciplina absoluta, á submisión. Ou morre -incluso físicamente- ou medra.

Os perros, cadetes de primeiro ano da escola, son estudantes de formación regulada e vítimas da disciplina militar disposta polas regras da institución e, ademais, dispostos dentro dunha xerarquía baseada nun estractamento social (serranos, negros, cholos, chalacos), os propios rapaces organízanse nunha microsociedade interna que funciona a través de castigos, recompensas e novatadas dentro das “cuadras” nas que habitan. Se sobre estas cuadras son os militares-profesores os que aplican a educación e a corrección, os propios alumnos autodeterminan os comportamentos internos, afondando aínda máis na diferenza e na cuestión racial e de idade como excusa para impoñer un réxime case de terror.

No interior do medo xorde o círculo, un grupo de rapaces que unidos tratan de diferenciarse dos demais, protexéndose e creando un comercio clandestino de trafego de exames, tabaco, bebida e privilexios que os fortalece e retroalimenta, facéndoos máis fortes. Todos os que están fóra deste círculo son susceptibles de violencia e medo.

O Jaguar, líder carismático do círculo, conta cos apoios doutros personaxes como o serrano Cava, o Boa ou o Poeta, todos narradores desde o seu recanto da historia, que van dispoñendo os ganduxos da trama, facéndoa multidimensional, trabada pola subxectividade que parte do anonimato de cada voz e que conta co atractivo de ir despexando hipóteses, como se dunha ecuación se tratara.

O principal destes enigmas é a manos de quen se produce a morte do Esclavo, testemuña clave do roubo das preguntas dun exame, punto inicial e principal da obra, e que supón a aparición do antagonista de o Jaguar, as dúas forzas, ou a supervivencia e a supresión, baseándonos na frase nietzscheana. A inocencia ou a culpabilidade, a busca por parte dos profesores dunha fuxida da responsabilidade e a vinganza por parte dos cadetes, incorporan a desconfianza a cada unha das situacións.

E que queda do individuo cando se eslúen os seus límites a base de berros, golpes, agochos, desdobramentos? a identidade, a procedencia, a sexualidad, todo vai caendo inservible como os cabelos cortados, a roupa da casa, todo igualado e controlado polo uniforme e a disciplina.

Advertisements

Posted on 20 Abril, 2011, in Club Monte Alto, Libros lidos, Obras and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: