Finalistas dos Premios AELG 2011


Os socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2010 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participan na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que terá lugar o vindeiro 30 de abril no hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela.

Así pois, da conxunción de votos emitidos nunha primeira quenda resultaron finalistas:

 Blog Literario
1. Ferradura en tránsito, de Xosé Manuel Eyré.
2. O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro.
3. Trafegando ronseis, de Gracia Santorum e Xosé Anxo Fernández Alonso.

– Ensaio
1. A man que caligrafando pensa: do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana, de Carlos Paulo Martínez Pereiro.
2. Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas de Carvalho Calero, de Manuel Castelao.
3. O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro.

– Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix)
1. Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto.
2. O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro.
3. O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro.
4. Suso Espada. “Nota Roja”, de Francisco X. Fernández Naval.

– Mellor traxectoria en xornalismo cultural 2010 (AELG-Colexio de Xornalistas)
1. Anxo Tarrío.
2. Daniel Salgado.
3. Fran P. Lorenzo.
4. Iago Martínez.
5. Ramón Nicolás.

– Narrativa
1. O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre.
2. Obediencia, de Antón Lopo.
3. Periferia, de Iolanda Zúñiga.
4. Settecento, de Marcos Calveiro.
5. Todo é silencio, de Manuel Rivas.
6. Xuvia-Neda, de Vicente Araguas.

– Poesía
1. Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval.
2. Estremas, de Ana Romaní.
3. Retro(visor), de Antía Otero.

– Teatro
1. Canibalismo, de Marcos Abalde Covelo.
2. Cínicas, de Teresa Moure.
3. Flores de Dunsiname, de Manuel Lourenzo.

– Tradución
1. Bilbao-New York-Bilbao (Kirmen Uribe), na versión de Isaac Xubín.
2. Lóbrego Romance. Pálida Pantasma. As Lendas Espectrais de Malvadia (Jack Mircala), por Isabel Soto.
3. Randea do alento (Herta Müller), de Marga do Val.

Máis info:

Posted on 14 Marzo, 2011, in Novas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: