Cando os solitarios se xuntan


O pouso da historia é ben sinxelo: todos estamos terriblemente sós neste mundo. O individuo nace e marcha só; polo camiño ramifícase a través de familiares e amigos, pero a historia de cada un resúmese a base de monólogos.

Anna Gavalda (Boullogne-Billancourt, 1970) é rotunda ao titular o seu sexto libro como Xuntos, nada máis, coa finalidade de contar catro historias que ao lector lle serán cercanas e máis que reais, para xuntalas e nada máis – c´est tout-. Catro individuos amasados nos sentimentos de fracaso, frustración e resignación, van entrecruzando as súas vidas até acompasar os ritmos e dirixirse cara a un destino común, a través da solidariedade entre Frank, Camille, Philibert e Paulette.

 Nada teñen en común unha artista plástica agochada tras o seu traballo como señora da limpeza, cun cociñeiro queimado polos seus asuntos familiares así como o seu medo ás perdas, medo que comparte coa súa avoa, a que ten que abandonar temporalmente nunha residencia de maiores mentres se recupera dun accidente, e aos que se une como contrapunto de humor e realidade inquedante a figura dun aristócrata vido a menos, último vestixio dun xeito de vida xa esquecido e que se burla con amargura dos tempos da Francia dourada e absolutista.

 Catro espazos vitais que se xuntan nun espazo real de catrocentos metros, un piso do centro de París onde todos coidarán de todos, tratarán de compoñer os anacos rotos de vidas difíciles e contrariadas, fuxidas, medos e inquedanzas.

Ás veces sostida baixo un falso teito de doutrina (o amor trunfante, a amizade que fixa os eixes sobre os que xira o planeta…), a novela sostense grazas a representar os catro puntos cardinais da vida humana: a xuventude, a vellez, a inocencia e o medo, coas relacións interpersoais como aglutinante do paso dunha a outra idade. Representando cada quen un papel que asume reaccións negativas como a fuxida cara ao propio interior, a desconfianza, o illamento, desde o momento en que os catro comezan a interactuar chegan a darse accións positivas -ás veces demasiado forzadas e previsibles, sen contar coa verdadeira natureza do ser humano, no da personaxe de ficción-, que crean lazos, que van xuntando, nada máis, a aqueles catro seres feridos que comezan a cicatrizar en común as súas feridas vitais.

Advertisements

Posted on 27 Febreiro, 2011, in Club Monte Alto, Libros lidos, Obras and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: